13 de maio de 2018

A GUARDA

CULTURA MARÍTIMA

VISITA DE PIUEIRO A CÁMARA DE PÓVOA DE VARZIM

Na xuntanza levada a cabo na Cámara Municipal, fomos recibidos polo Vice-Presidente, Dr. Diamantino, así como polos Directores do Museo e da Biblioteca Municipais desa cidade
Foto: Piueiro

Piueiro / A Guarda

 No transcurso desta semana que acaba de rematar, unha delegación de Piueiro, se desplazou a Póvoa de Varzim e a Esposende, para seguir incrementando os lazos de amistade entre os nosos pobos, e na procura de facer que se manteñan no tempo e para sempre.

 Na xuntanza levada a cabo na Cámara Municipal, fomos recibidos polo Vice-Presidente, Dr. Diamantino, así como polos Directores do Museo e da Biblioteca Municipais desa cidade.

 Os motivos foron varios, pero, fundamentalmente, agradecer o apoio prestado a nosa candidatura para que fóramos designados como sede do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia para o ano 2019, e que se celebrará no noso porto do 11 ao 14 de xullo.  

 Así mesmo, acordáronse varias actuacións conxuntas: Por unha banda, na data do vindeiro día 2 de xuño, recibiremos en A Guarda, a un grupo de baile as 6 da tarde no Auditorio de San Bieito, o mesmo tempo que se desenvolverá unha degustación de doces típicos da Póvoa, para patrocinar e dar a coñecer as Festas de San Pedro que se celebran naquela localidade, a que están invitadas as autoridades guardesas, e nas que se inaugurará o día 26 de xuño, unha exposición sobre Marcas de Pescadores, na que participará Piueiro.

 Asimesmo, esa Exposición se trasladará A Guarda en data do 22 de setembro, víspera do día de Santa Trega, a cuxos actos, serán invitadas as autoridades de Póvoa, dentro dún programa máis amplo e que se está organizando para darlle mallor contido e realce a este intercambio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario