1 de maio de 2018

A CORUÑA

Presentación do proxecto dos Bolechas sobre María Victoria Moreno    


Infogauda / A Coruña

 A Real Academia Galega acolle este mércores, 2 de maio, a presentación do novo título da colección As miñas primeiras Letras Galegas dos Bolechas dedicado a María Victoria Moreno. Pero ademais a presentación do novo libro vai acompañada dun audiovisual especial dos Bolechas dedicado á autora á que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas e que poderán ver en primicia os alumnos e alumnas do CEIP Cidade Vella da Coruña que participarán no evento, ademais dos propios Bolechas que recibirán e acompañarán os escolares na sede da institución na rúa Tabernas.  

 Este novo proxecto editorial e audiovisual será presentado por Víctor F. Freixanes, presidente da Academia; no acto intervirán tamén José Manuel López Marcos, director de mercadotecnia de Caixa Rural Galega; Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística e Antonio Couto, responsable de Edicións Bolanda.

  Lugar: salón de actos da Real Academia Galega
 (rúa Tabernas, 11 – A Coruña) 

Ningún comentario:

Publicar un comentario