27 de mar. de 2018

LABORAL

Nova protesta para rexeitar despidos e incumprimentos en Froiz 

Traballadores/as e delegados/as da CIG concentráronse nun supermercado do barrio vigués de Navia

Un grupo de traballadores/as e delegados/as sindicais desenvolveron unha concentración hoxe diante dun supermercado da rúa Teixugueiras, no barrio vigués de Navia
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 A federación de Servizos da CIG continúa coa súa campaña de mobilizacións contra a vaga de despidos e os incumprimentos do convenio colectivo por parte do grupo de alimentación e distribución Froiz na provincia de Pontevedra. Un grupo de traballadores/as e delegados/as sindicais desenvolveron unha concentración hoxe diante dun supermercado da rúa Teixugueiras, no barrio vigués de Navia. A seguinte acción de protesta terá lugar en Salvaterra do Miño o vindeiro 6 de abril ás 11:30 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario