19 de feb. de 2018

DEPORTES

REMO ERGÓMETRO


NOVO ÉXITO DO REMEIRO DAMIÁN ALONSO ALONSO 

No Campionato de Mundo de Remo Indoor logrou dous ouros e un bronce

Damián Alonso Alonso, do clube Minero´s, de A Guarda, coas dúas medallas de ouro e unha de bronce, que logrou na XXXVIIª edición do Campionato do Mundo de Remo Indoor

Infogauda / Deportes

 Como xa informamos na nosa edición do pasado sábado, o remeiro Damián Alonso Alonso, do clube Minero´s, de A Guarda, viaxou ata Alexandria, no estado de Virginia (Estados Unidos), onde os días 17 e 18 deste mes de febreiro de 2018 se disputou a XXXVIIª edición do Campionato do Mundo de Remo Indoor.

 A magnífica preparación física e mental, así como súa capacidade de sacrificio e súa resistencia, fixeron posible que Damián Alonso Alonso comezase xa o sábado con un trunfo. Foi na súa primeira regata, na categoría Aberta (maiores de 23 anos) Homes, de 30´de duración, na que o remeiro guardés acadou a 1ª posición, e por conseguinte súa primeira medalla de ouro.

 O domingo afrontaría dúas novas regatas acadando outra medalla de ouro na proba de 500 m., e unha de bronce na de 2.000 m.

 En resumo: Dúas medallas de ouro e unha de bronce. 

 A verdade é que desde fai anos, Damián Alonso Alonso ven facendo unha magnífica labor deportiva e estes logros en un Campionato do Mundo de Remo Indoor, no que compiten os mellores remeiros do planeta, son boa proba da súa talla deportiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario