24 de abr. de 2024

A GUARDA

Dona Emilia e señora Carme, dúas mulleres de conto. 

 Un espectáculo de narración oral que recupera o legado de Emilia Pardo Bazán

• Este sábado 27 de abril ás 20:30h, no Centro Cultural 

 


Infogauda / A Guarda

 Este sábado 27 de abril ás 20:30h, no Centro Cultural de A Guarda realizarase Dona Emilia e señora Carme, dúas mulleres de conto, unha proposta na que a narradora Cris de Caldas recupera algúns dos contos  de Emilia Pardo Bazán, especialmente aqueles mais relacionados coa cultura e as formas de vida do rural galego a través da voz da súa avoa, a señora Carme.

 A vella Carmela sempre tiña un conto na boca, aínda que non llo pediras, ela contábacho. Con eles amenizaba as tardes de calceta ou as xornadas na cociña. O día que decidiu calar e non contar máis contos nin de vellas nin de novas, a súa neta empezoulle a contar a ela para que non se apagase a súa mente chea de historias. Así foi como a señora Carme, entre os fogóns da súa cociña de ferro, soubo dunha condesa que falaba dun mundo que ela ben coñecía. 

 Mesturando historias de vida e versións moi persoais dalgúns dos contos de Emilia Pardo Bazán, nace esta sesión de narración oral, no que dúas mulleres de distinta orixe e época, conversa sobre as inxustizas acometidas cara as mulleres no pasado e aínda no presente.  

 A actividade, enmarcada na programación de primavera adicada ao libro e á literatura “Primavera entre Letras”, é de balde e está recomendada para todos os públicos a partir de 15 anos.  

 Dentro da programación  “Primavera entre Letras”, continúa nas librerías a campaña da Ruta do Libro, pola cal mercar libros na Guarda ten premio. 

 Dese xeito, darase paso ao mes de maio cando continuarán as actividades, destacando a exposición adicada a Castelao, que comezará o 6 de maio, e a Festa das Letras, coa que o 19 de maio festexaremos na Guarda as Letras Galegas da man das manifestacións culturais galegas mais festeiras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario