19 de xan. de 2018

TOMIÑO

ABANCA únese aos empresarios de ADETO para facilitar o acceso ao crédito en Tomiño 

· O banco asina un convenio de colaboración para facilitar o investimento e a constitución de empresas 

· Os empresarios asociados gozarán de mellores condicións na contratación de produtos da entidade financeira galega 

O presidente de ADETO, David Vila, a secretaria de ADETO, María del Carmen Moldes, e o director da oficina de ABANCA en Tomiño, Julio Alonso Da Costa

Lorena Quinteiro / Tomiño

 ABANCA e a Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería, Industria e de Centros Comerciais Abertos de Tomiño (ADETO) veñen de asinar un convenio financeiro co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, o investimento e a mellora competitiva das empresas adheridas a esta organización. 

 O presidente de ADETO, David Vila, a secretaria de ADETO, María del Carmen Moldes, e o director da oficina de ABANCA en Tomiño, Julio Alonso Da Costa, rubricaron este semana na sede da asociación un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial do xurde Galicia. 

 O convenio facilita que os empresarios e emprendedores da localidade asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Este colectivo contará con produtos especificamente deseñados para facilitar a posta en marcha de proxectos empresariais na zona ou a mellora competitiva dos que xa están establecidos. Á súa disposición ABANCA pon tamén préstamos e hipotecas dirixidos ao investimento, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e con xuros moi competitivos. 

 De maneira adicional, os empresarios asociados contarán, en condicións especiais, con outros produtos da entidade financeira galega específicos para atender as necesidades do día a día das empresas, como pólizas de crédito, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe unha oferta vantaxosa na contratación de liñas de comercio exterior e no anticipo de subvencións, así como a posta a disposición do colectivo das liñas de financiamento especial do Plan Activamos, asinado entre ABANCA e a Deputación de Pontevedra. 

 Do mesmo xeito, o acordo asinado inclúe condicións melloradas na contratación de TPV (Terminais Punto de Venda) da entidade, así como o acceso a APLAZOS, o servizo de compras de ABANCA.  

 Os empresarios adheridos a ADETO poderán acceder tamén ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.   

 ADETO, constituída en 2011, agrupa os intereses de preto de 100 empresas que impulsan a mellora competitiva deste territorio. ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas na comunidade e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario