22 de xan. de 2018

OIA

GERARDO RODRÍGUEZ, NOVO SECRETARIO XERAL DOS SOCIALISTAS DE OIA

Na asamblea celebrada o pasado xoves, día 18, na sede do partido, entre outros asuntos que se trataron, foi elexida a nova executiva dos socialistas en Oia

Compoñentes da nova executiva dos socialistas en Oia
Foto: Agrupación Municipal Socialista de Oia

Agrupación Municipal Socialista de Oia

 Na asamblea celebrada o pasado xoves, día 18, na sede do partido, entre outros asuntos que se trataron, foi elexida a nova executiva dos socialistas en Oia, na que o novo Secretario Xeral pasa a ser Gerardo Rodríguez, quedando composta dita executiva como sigue:  

Presidente de Honra: Delio Álvarez 
Secretario Xeral: Gerardo Rodríguez 
Secretario de Organización: José Ignacio Trojaola 
Secretaría de Politica Municipal: Elena Álvarez 
Secretaría de Acción Electoral: David Álvarez 
Secretaría de Políticas de Igualdade: Rocío González  

 A executiva saínte rendeu contas da súa xestion que foi aprobada por unanimidade. Discutiuse sobre a penosa situación política do Concello, facendo especial fincapé na parálise total que sofre, sen orzamento aprobado e con multiples problemas que están sin abordar. 

 O novo secretario xeral, Gerardo Rodríguez, perfílase como o candidato dos socialistas para as próximas eleccións municipais en Oia.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario