27 de xan. de 2018

MADRID

PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA 

PARA A SEMANA DO LUNS 29 DE XANEIRO AO VENRES 2 DE FEBREIRO DE 2018 



Casa de Galicia / Madrid

Luns, 29

19:30 horas 

 A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación do libro “CONTOS DEDICADOS” da escritora Julia Sáez-Angulo, publicado por Espacio Cultura. Son contos dedicados cos que a autora “do mesmo xeito que nos antigos discos dedicados na radio, queren ser un recoñecemento aos amigos –co beneprácito de todos eles– que contan ou suxiren as historias que están implícitas, próximas ou lonxanas da súa versión orixinal”. 

 No acto intervirán o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega; o escritor Rogelio Sánchez Molero; o editor José Luis Pardo Caeiro; o ilustrador da obra, Juan Jiménez e a propia autora, Julia Sáez-Angulo.
  
Mércores, 31

 10:00 horas 

 Rolda de prensa/presentación a medios xerais e especializados do ámbito das finanzas o seguro e a xerencia de riscos do informe “A Xestión do risco en Galicia: cambio de rumbo” por Fundación Inade. Trátase do primeiro estudo empírico realizado en España sobre a xerencia de riscos e o seguro no tecido produtivo dunha Comunidade Autónoma, que ademais foi galardoado en 2017 co Premio de Economía Valentín Paz Andrade.

 O acto correrá a cargo de Adolfo Campos Carballo, director de Fundación Inade e Fernando Pena López, director da “Cátedra Fundación Inade - UDC: A xestión do risco e do seguro”.

 Para acudir a este almorzo de traballo é imprescindible confirmar asistencia ao Departamento de Comunicación de FUNDACIÓN INADE: por correo electrónico (comunicacion@fundacioninade.org) ou por teléfono (986 485 228). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario