ENTREGADOS A ASOCIACIÓN CONRAZONES, OS ALIMENTOS DA CAMPAÑA SOLIDARIA DE COMERCIOS DE GOIÁN
Andrea Pousa Barros / Goián
Este Nadal, comercios de Goián levaron a cabo a Campaña Solidaria Libros x Alimentos en colaboración co Club de Lectura “Chocolate con libros”, do CEIP Pintor Antonio Fernández.
Esta iniciativa realizouse entre o 12 e o 23 de decembro, que prolongouse ata o 17 de xaneiro. As persoas que participaron trocaron un libro por dous paquetes de leite, aceite, cacao ou galletas.
O xoves 18 xaneiro, fíxose entrega dos alimentos recaudados na Campaña Solidaria de Comercios de Goián.
Os alimentos que se recaudaron foron entregados, íntegros a “Conrazones”, e cos libros recollidos (uns 100) que non cumpliron o obxectivo, realizarase unha segunda campaña, que se donará a SOS Tomiño. Se algunha persoa está interesada en trocar libros por alimentos, están depositados en Regalos Andrea, donde se procederá do mesmo xeito de troco que na Campaña.
Dende o Club de Lectura “Chocolate con libros” queren agradecer os comerciantes de Goián a súa colaboración e a todas as persoas que participaron neste troco solidario.
Cabe resaltar que a campaña funcionou a un 50%, non acadando o 100% do obxectivo. Ainda así estivo moi ben considerando que no mes de decembro as campañas solidarias promovéronse por múltiples lugares.
CLUB DE LECTURA “CHOCOLATE CON LIBROS”
O Club de Lectura “Chocolate con libros” botou a andar no ano 2012 da man dun grupo de mestras e nais do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián. Reúnense no colexio o último xoves de cada mes e, ademais de pasar un bo rato falando dos libros propostos, intercambian os das súas bibliotecas persoais ou organizan as Tertulias Literarias con escritores como Francisco Castro ou Iria Misa. Actividades, todas, a prol da lectura... coma estas lecturas solidarias.

Ningún comentario:
Publicar un comentario