30 de xan. de 2018

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS CONTINÚA SÚA LABOR DE REFORESTACIÓN DO MONTE SANTA TREGA

Con especies nobres e coa colaboura do alumnado de varios centros de ensino


Nas imaxes, unhas das zoas onde terá lugar á plantación
Fotos: José Fernando Martínez


José Fernando Martínez Martínez / Camposancos

 Este mércores, xoves e venres, días 31 de xaneiro; 1 e 2 de febreiro, a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, en colaboración cos colexios de Primaria de A Guarda, Manuel Rodriguez Sinde, PP. Somascos e HH. Carmelitas, prantaremos 500 árbores (250 cerdeiras e 250 nogueiras).   

 O mércores comenzaremos as 11:00 horas, con alumnos e profesores do Colexio Manuel Rodríguez Sinde; o xoves ás 10:00 horas, con alumnos e profesores do Colexio PP. Somascos; e o venres será as 11:00 horas con alumnos e profesores do Colexio HH. Carmelitas.

 Tamén quero informar que pasados os carnavales seguiremos a plantar outras 500 árbores máis (300 castiñeiros, 100 nogueiras e 100 cerdeiras).


 Nestes momentos estamos a traballar preparando os terreos onde se farán as prantacións con cinco obreiros contratados pola Comunidade de Montes de Camposancos, na zoa de Chans de arriba, para logo continuar con o arrincado de rebrotes de acacias en toda a zoa deforestada en anos anteriores, limpeza de sendeiros,...etc.

Ningún comentario:

Publicar un comentario