28 de xan. de 2018

A GUARDA

CENTENARIO DA CONSTITUCIÓN DA XUNTA ORGANIZADORA PARA Á CONSTRUCCIÓN DO HOSPITAL CASA-ASILO 

A GUARDA RELEMBROU OS FILÁNTROPOS GUARDESES LIDERADOS POLO SALCIDENSE AVELINO VICENTE GONZÁLEZ

O historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez e o Concello guardés non deixaron pasar esa importantísima efeméride


No acto de descubrimento da praca participaron a 2ª tenente de alcalde, María Montserrat Magallanes Álvarez, e o historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez, en presenza da varios veciños de A Guarda e do Rosal

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Na tardiña do pasado sábado día 27 de xaneiro de 2018, o fío das 20:30 h., tiña lugar en boa hora, o develamento da nova praca de bronce, correspondente o monumento en lembranza do insigne salcidense D. Avelino Vicente González, que ven a sustituir a que no seu día, como xa deixamos constancia neste xornal dixital - en alomenos dúas ocasións, en datas 26 de xuño e 2 de novembro de 2015, respectivamente - nas que instábamos a súa reposición, logo de que algúns furtaran, presuntamente con premeditación, aleivosía e probablemente mesmo con nocturnidade, a que oportunamente fora colocada na peana do monumento.

 No devandito acto de descubrimento da praca participaron a 2ª tenente de alcalde, María Montserrat Magallanes Álvarez, e o historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez, en presenza de membros da Corporación Municipal e veciños de A Guarda, Camposancos e Salcidos, e tamén do fraterno concello do Rosal.


Magallanes Álvarez e Villa Álvarez

 Logo dese sinxelo acto, autoridades e público pasarían o salón de actos do Centro Cultural, onde daría comezo o acto conmemorativo do Centenario da constitución da Xunta Organizadora para á construcción do Hospital Casa-Asilo de A Guarda.

 Abriu o turno de intervencións, a 2ª tenente de alcalde e deputada provincial, María Montaserrat Magallanes Álvarez para relembrar que o inmoble que desde fai anos coñecemos como Centro Cultural, fora promovido pola Xunta Organizadora para á construcción do Hospital Casa-Asilo de A Guarda, a cal se rende tributo de agradecemento neste I Centenario da súa constitución como tal. 


Vista parcial do público que asistiu o acto que tivo lugar no Centro Cultural, na tardiña do sábado 

 Botando unha ollada a súa etapa de nenez, Magallanes Álvarez tamén salientou a última etapa do edificio - antes de ser adicado a Centro Cultural - que nel se desenvolveu, no referente a Medicina familiar, e dixo que daquela, sendo unha nena, non coñecía inmobles de características semellantes, xa que se trata de un edificio que destaca pola súa beleza arquitectónica.

 Deseguido Magallanes Álvarez cedería o uso da palabra o historiador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez, verdadeiro coñecedor da relevancia que tivo noutrora á emigración guardesa a América, en máis concretamente, neste caso, a Puerto Rico, pola súa repercusión na Cultura, na economía e no social, do noso pobo.

 Villa Álvarez comezou súa documentada intervención, apoiada con unha proxección de imaxes, que na súa meirande parte correspondían ás persoas de A Guarda que grazas o seu altruismo e xenerosidade fixeron posible non soio á creación do Hospital Casa-Asilo de A Guarda, que viu a cubrir un enorme baleiro no ámeto sanitario local, senón a posta en funcionamento en Puerto Rico do Hospital do Auxilio Mutuo e Social, que é desde súa fundación e ata o día de hoxe, todo un referente da mellor Sanidade no ámeto caribeño.

 O activo historiador guardés, foi nomeando un por un, a cada guardés que formou parte da Xunta Organizadora para á construcción do Hospital Casa-Asilo de A Guarda, e sinalou cando e onde tiveron lugar os pasos previos e onde se constituiu a devandita Xunta Organizadora. 

 Como non podía ser doutro xeito, o líder desa Xunta Organizadora foi D. Avelino Vicente González (1859-1928), que coa colaboura dos seus coterráneos de alén mar e dos que xa estaban retornados, fixeron realidade o Hospital Casa-Asilo de A Guarda.



 Ademáis de D. Avelino Vicente González, que desempeñou o cárrego de presidente da Xunta Organizadora, tamén estiveron D. Ángel González Sobrino (1868-1935), como vice-presidente; D. José González Padín (1865-1931), tesoureiro; D. José María Lomba Peña (1865-1940), secretario; D. Joaquín Saúl Rodríguez (1876-1960), vogal; D. Primitivo Franco Rodríguez (1867- ¿?) vogal; e D. Avelino González González (1880-1933) vogal. 


A imaxe reflicte o estado das obras do Hospital Casa-Asilo de A Guarda, no ano 1924

 Todos eles mantiveron un estreito vencello coa Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, e de xeito máis concreto co seu presidente fundador D. Manuel Lomba Peña (1861-1933), e por conseguinte, foron - xunto coa colonia de guardeses na illa de Borinquen, os que fixeron que A Guarda destacase por méritos propios, no ámeto cultural, no económico e tamén no sanitario.

 Joaquín Miguel Villa tamén evocou a outros filántropos guardeses como D. Vicente Sobrino Vicente (1810-1883) e D. Manuel Benito Portela Vicente (1839-1913), que tiveron inquedanzas semellantes, e que na medida das súas posibilidades tamén contribuiron á mellorar ás condicions de vida dos guardeses.

 O acto constituiu toda unha homenaxe de gratitude a uns guardeses exemplares, que superon estar á altura das circunstancias e colabouraron coas súas importantes achegas económicas, na mellora da calidade de vida dos guardeses residentes na Guarda, e tamén de Puerto Rico, o país que os acolleu e onde a colonia galega goza dunha merecida consideración.


Magallanes Álvarez fíxolle entrega de un agasallo o historiador guardés

 Unha vez rematada a intervención de Villa Álvarez, a 2ª tenente de alcalde, Magallanes Álvarez, en representación do Concello de A Guarda, fíxolle entrega de un agasallo o historiador guardés, como agradecemento pola súa colaboura, e avanzou que próximamente de dará a coñecer unha publicación conmemorativa.

 GALERÍA DE IMAXES

Ningún comentario:

Publicar un comentario