22 de xan. de 2018

A GUARDA

Avelaíña recibe unha axuda da Deputación de Pontevedra 

Para  mellorar a vida das persoas con enfermidade mental a través do fomento da autonomía persoal

Usuarias do Centro Avelaíña, de Baiona
Foto: Avelaíña

Natalia Guisande / A Guarda

 A Asociación  Avelaíña recibe unha subvención por parte da Deputación de Pontevedra  a través da convocatoria anual de subvencións a entidades sen fin de lucro, para o desenvolvemento do proxecto “Promoción da autonomía persoal en enfermidade mental grave”.  

 Estas persoas padecen déficits funcionais en áreas relacionadas coa hixiene persoal, os hábitos saudables, e no manexo da contorna social e doméstico, polo que se fai necesario o desenvolvemento de programas de vida saudable. Neste sentido,  inclúense contidos especializados sobre  educación para a saúde, habilidades da vida diaria, como cociña básica, hixiene, economía doméstica, así como habilidades sociais, entre outros.  

 A contía concedida é de 6.000 € que axudará a 25  usuarios do Centro de Baiona a recuperar habilidades persoais e sociais a través deste Programa. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario