6 de set. de 2017

O ROSAL

O goberno de Carmela Silva aproba novos investimentos por valor de máis de 71.000 euros para O Rosal ao abeiro do Plan Concellos 2017 

A institución provincial leva entregado preto do 65 % do total destinado ao Rosal dentro do plan, un investimento de máis de 360.000 euros


Infogauda / Pontevedra


 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar un novo investimento para a localidade do Rosal ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2017. Cun importe total situado en 71.272,05 euros, o concello da comarca do Baixo Miño poderá urbanizar a estrada da Devesa.  

 Con estas novas aprobacións, sinalou a presidenta provincial, Carmela Silva, "ata o momento xa se aprobaron máis de 360.000 euros dos máis de 556.000 que lle corresponden ao Rosal ao abeiro do Plan Concellos 2017, que supón que a porcentaxe total adxudicada ata hoxe no concello se sitúa no 64,9 %".  

 Anteriormente, O Rosal xa recibira a cantidade de 154.758,72 euros na liña 1 para equipar o auditorio municipal, o taller de carpintaría e a recollida selectiva de lixo, así como para a mellora da estrada de Couselo. Á marxe da liña 1, outros 83.453,3 euros en liña 2 para distintos gastos correntes e actividades como a Feira do Viño, a Festa do Cabaqueiro, a mostra da camelia ou a festa popular do Pilar. Finalmente outros 122.875,92 euros en liña 3 para a contratación de 14 persoas nos distintos servizos municipais desta localidade.  

 O Goberno de Carmela Silva, con estas achegas aprobadas para O Rosal, leva xa distribuídos máis de 33 millóns de euros entre os concellos da provincia, é dicir, o 80 % do Plan Concellos.

SAN MIGUEL DE TABAGÓN (O ROSAL)

FESTA DA VENDIMA, 2017

Sábado día 7 de outubro, ás 9:00 da noite, na Alameda de San Miguel de Tabagón 



VI TORNEO DA RÁN
Festa da Vendima


LABORAL

Ramón Sarmiento: «Estabamos preocupados pola industria galega, pero tras coñecermos o plan do PP aínda o estamos máis»  

O secretario xeral do sindicato e os responsables das federacións do sector privado valoraron a proposición de lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia 

De esq. a der., Pedro Comesaña, Lucía Trenor, Ramón Sarmiento e Sergio López
Foto: S.N.CC.OO. Galicia

Infogauda / Galicia

 O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras fixo hoxe unha primeira valoración da proposición de lei (PDL) para a implantación de iniciativas empresariais en Galicia, que presentou pola vía de urxencia o Grupo Parlamentario Popular. O secretario xeral do sindicato, Ramón Sarmiento, expresou que, se xa estaban preocupados pola situación da industria galega, «a iniciativa do PP multiplica exponencialmente a nosa preocupación».

 Acompañado polo responsable de Política Industrial de CCOO-Industria, Pedro Comesaña, pola secretaria xeral de CCOO-Servizos, Lucía Trenor, e polo secretario xeral de Construción e Servizos, Sergio López, Ramón Sarmiento expuxo as eivas da proposta do Grupo Parlamentario Popular, remitida ao sindicato en pleno mes de agosto. 

 Antes de nada, Sarmiento quixo aclarar que, malia se tratar dunha proposta do Grupo Parlamentario do PP, «realmente a iniciativa parte da Consellaría de Economía, Emprego e Industria, departamento que, de feito, é o que nola remite».  

 Para o secretario xeral de CCOO, presentar a PDL en pleno agosto e camuflar como proposta dun grupo parlamentario algo que realmente provén da Xunta revela a intención do Goberno de saltar os preceptivos controis e de reducir á mínima expresión a contestación que poida suscitar a súa iniciativa.  

 O principal aspecto positivo é o recoñecemento expreso «das dificultades que a nosa nación ten para a implantación ou desenvolvemento de novas iniciativas empresariais», apuntou Sarmiento. Con todo, unha análise polo miúdo revela a «traxectoria errática» da Xunta na materia. Tamén «pon en evidencia» as dificultades para coordinar dúas axencias que pertencen á mesma Consellaría: IGAPE e GAIN. «A falta de puntos en común entre os proxectos RIS3 e Axenda Industrial 4.0 é só un exemplo disto», criticou.  

 Campaña propagandística  
 A PDL afecta a un gran número de áreas e artigos de diversas leis, sen que en moitos casos se observe a relación coa suposta exposición de motivos, nin tampouco coa urxencia na tramitación. «Parece, máis ben, parte dunha campaña propagandística coa que xustificar a pobre resposta da Xunta» ata o momento, lamentou Sarmiento.  

 O secretario xeral de CCOO coida que, se o Goberno galego tivese nitidamente identificado o problema, tomaría as medidas de curto prazo que considerase oportunas, sempre da man doutros grupos políticos e sociais. Pero, sobre todo, iría pensando nunha iniciativa de maior profundidade para identificar as forzas subxacentes de cambio estrutural no mundo e como nos están afectando.  

 Falta de aposta pola innovación  

 Ramón Sarmiento reprochoulle ao PP que poña énfase en sectores industriais «eminentemente extractivos» e deixe de lado as industriais manufactureiras, de transformación e creación de valor engadido. «Que imaxe ten a Xunta de Galicia e cal é o tipo de país ao que nos queremos parecer?», preguntouse o dirixente sindical.  

 Medidas abocadas ao fracaso  

 Por último, o secretario xeral de CCOO instou o PP a que calquera plan industrial ambicioso sexa consensuado co conxunto de forzas políticas e sociais. Do contrario, malia que goce de maioría absoluta no Parlamento, as medidas aplicadas estarán «abocadas ao fracaso».

CINEMA

O 10º FICBueu conta co apoio da Agadic para proxectar en 8 días 100 curtametraxes de 40 países 

A sección dedicada a Galicia inclúe ‘Lembranza’, de Al Díaz; ‘Néboa’, de Claudia Costafreda; ‘Querido Tom’, de David Tembleque; ‘As vacas de Winsconsin’, de Sara Traba; ‘Decorado’, de Alberto Vázquez; e ‘Einstein-Rosen’, de Olga Osorio

O evento, que se desenvolverá do 9 ao 16 de setembro, cofinánciase a través da convocatoria de subvencións da Xunta de Galicia para festivais audiovisuais 


Infogauda / Bueu

 O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBueu) proxectará entre os vindeiros 9 e 16 de setembro un total de 100 obras procedentes de 40 países, ademais de ofrecer coloquios, obradoiros, radio en directo, espectáculos, turismo e gastronomía. O evento, que chega este ano á súa décima edición, conta con financiamento da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través das subvencións a festivais audiovisuais da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
 Museo Massó da vila pontevedresa acolleu hoxe a presentación do programa completo do certame, nun acto no que participaron o director da Agadic, Jacobo Sutil; o alcalde de Bueu, Félix Juncal; o deputado de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra, Xosé Leal; e mais o director do FICBueu, Manuel Pena.

 Na súa intervención, Jacobo Sutil destacou que este é un dos festivais audiovisuais subvencionados pola Xunta de Galicia, canle pola que obtén este ano 22.000 euros, “o que sen dúbida vén recoñecer tanto a valía da súa carteleira artística como a profesionalidade da súa xestión e programación, así como a súa contribución á difusión cinematográfica no país”. Engadiu que coa contía concedida ao FICBueu increméntase sensiblemente respecto á edición anterior “e faise de xeito fundamentado, por decisión dunha comisión de expertos que identificaron os valores, a solvencia e a singularidade deste encontro dentro do, cada vez máis consolidado, mapa galego de festivais audiovisuais”.
 O director da Agadic referiuse á cantidade de actividades paralelas e de novidades do FICBueu 2017 e detívose especialmente nos seis filmes da carteleira asinados por creadores galegos ou de produción galega: Lembranza, de Al Díaz; Néboa, de Claudia Costafreda; Querido Tom, de David Tembleque; As vacas de Winsconsin, de Sara Traba; Decorado, de Alberto Vázquez; e Einstein-Rosen, de Olga Osorio.
 Competición e máis
 Na sección oficial concorren 25 títulos, que entran na competición polos galardóns do festival. O resto das curtas agrúpanse nos apartados de Comedia, Animación, Familiar, España, Latinoamérica, Xuvenil, Infantil, Escolas ou Panorama, entre outras.
 Á parte da carteleira de proxeccións, o FICBueu ofrecerá distintos relatorios, talleres, a emisión en directo dos programas de radio Carne cruda e El séptimo vicio, o espectáculo de maxia O cinematómago, a sesión de narración oral Contos de Película cargo de Olalla González, unha participación especial do ilustrador Luis Davila e encontros con cineastas galegos e internacionais. O programa complétase con outras accións para a dinamización do pobo, tales como a ruta gastronómica ‘Tapas 5 Estrelas’, un showcooking patrocinado por Galicia Calidade, ou un paseo ata a Illa de Ons a bordo dunha embarcación tradicional, actividade na que colaboran Turismo de Galicia e a asociación local Os Galos.
 A inauguración oficial do FICBUEU será este sábado día 9 no Centro Social do Mar, espazo que acollerá a meirande parte da carteleira. O acto contará coa actuación do trío de jazz A doce Vita, que ofrecerá un concerto con repertorio de bandas sonoras. A proxectarase Noticiario Folk nº 1, peza de Ramón Barreiro datada en 1932, recentemente recuperada e restaurada, e que lle foi cedida polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) ao festival para a ocasión.
 O FICBueu outorga os seus premios deste ano ao actor galego Antonio Durán Morris e á actriz madrileña Nieve de Medina.

DEPORTES

Botan a andar as Deporte Escolas 2017-2018

A Deputación de Pontevedra abre o prazo de inscrición 

O programa da institución provincial oferta actividades totalmente gratuítas en nove modalidades deportivas para máis de 10.000 nenos e nenas de entre 5 e 15 anos


Infogauda / Pontevedra

 Xa está aberto o prazo de inscrición para "DEPOrte Escolas", coas que a Deputación de Pontevedra pretende iniciar no deporte aos nenos e nenas de entre cinco a quince anos de toda a provincia. Para este curso 2017-2018 as modalidades que ofertará de maneira totalmente gratuíta o programa da institución provincial son balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, marcha, piragüismo e baloncesto.  

 No pasado curso, as "DEPOrte Escolas" sufriron un cambio moi importante, converténdose en máis participativas, transparentes e respectando máis a autonomía dos concellos e non competindo coas escolas municipais. O resultado foi moi satisfactorio para a Deputación de Pontevedra, xa que puideron beneficiarse deste programa máis de 10.000 nenos e nenas da provincia, o que supuxo un incremento de preto de 500 prazas respecto ao curso 2015/2016. Concretamente, os deportes máis practicados nas "DEPOrte Escolas" durante o pasado curso foron o balonmán, con 2.700 nenos e nenas, e o piragüismo, con 2.000 participantes.  

 Para este curso 2017/2018 haberá actividades en 50 concellos da provincia. Máis polo miúdo, os concellos que durante esta temporada terán actividades das "DEPOrte Escolas" serán A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui, Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Valga, As Neves, Mondariz, Ponteareas, Agolada, Lalín, Rodeiro, Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Arbo, Crecente, A Cañiza, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Vilaboa, Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Forcarei, Baiona, Fornelos de Montes, Godomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.  

 O formulario de inscrición pódese descargar na páxina web da Deputación de Pontevedra e deberase  entregar en calquera dos rexistros da Deputación, nas oficinas do ORAL ou a través de deportes@depo.es

DEPORTES

A Deputación de Pontevedra amosa a súa aposta polas BTT coa presentación da 1ª Epic Race 

A próxima fin de semana de setembro a Epic Race percorrerá a provincia de Pontevedra nun recorrido de 550km cun desnivel positivo acumulado de 14.500 metros

A presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou a primeira edición da Epic Race Pontevedra
Foto: D.P.


Infogauda / Pontevedra

 A presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou a primeira edición da Epic Race Pontevedra, unha proba que nace co obxectivo de converterse nun referente non só en Galicia, senón en todo o territorio español, e que terá lugar na provincia os próximos 8, 9 e 10 de setembro. 

 Coa Epic Race, unha exixente proba de 550 km en formato non stop, cun desnivel positivo acumulado de 14.500 metros, a provincia de Pontevedra converterase durante tres días no centro de atención do mundo do ciclismo BTT, deporte polo que está a apostar a institución provincial. De feito, a Deputación asinou un convenio coa organización por máis de 12.000 euros. En verbas de Carmela Silva, "coa presentación da primeira edición da Epic Race Pontevedra e co anuncio das dúas "DepoRutas" de BTT, que terán lugar no mes de outubro, deixamos clara a nosa aposta polo deporte, pois este tipo de probas, que cada vez teñen máis adeptos, son unha boa alternativa para atraer a xente que poida coñecer os montes da nosa provincia, que as veces no son tan coñecidos como a nosa costa, e que verdadeiramente son unha xoia. En poucos lugares de Europa teñen uns montes de tanta beleza."  

 Á presentación asistiron alcaldes e alcaldesas, concelleiros e concelleiras dos sete concellos que acollerán as oito etapas que compoñen a proba, Redondela, Tui, A Lama, Pontevedra, Moraña, Vila de Cruces e Cerdedo-Cotobade. José Victor Cimadevila, director de Global DXT organizadores da Epic Race, anunciou que haberá máis de 100 persoas participantes chegadas desde diversos puntos de Galicia e de todo o territorio español e valorou positivamente este dato, pois "probas coma esta non son multitudinarias, teñen un público moi específico, e ademais gustaríame resaltar que a Epic Race vai máis aló do deportivo, xa que competirá xente de toda España que poderán coñecer a través desta proba a macroinstalación natural que temos na nosa provincia e que percorreremos nesta competición que, para min, é coma facer un turismo extremo."  

 As persoas participantes enfróntanse a un durísimo percorrido de oito etapas pola provincia de Pontevedra, ao longo do día e da noite, desafiando os montes e gozando das paisaxes máis fermosas das Rías Baixas. O percorrido non está indicado mediante frechas, polo que o seguimento realizase lendo os datos do terminal GPS co que as persoas participantes deben orientarse para chegar a Redondela, Tui, A Lama, Pontevedra, Moraña, Vila de Cruces e Cerdedo-Cotobade. Respecto a dureza da proba, na que as e os participantes poderán completala en solitario ou en grupo, Carmela Silva sinalou que para ela "todos son heroes e heroínas. Paréceme case imposible facer 550 quilómetros cun desnivel de 14.500 metros" e tamén aproveitou para afirmar que está "segura de que a Epic Race será un éxito total e esta non será máis que a primeira das moitas edicións que están por vir."  

 O venres repartiranse os dorsais na propia Deputación de Pontevedra, a partir das 11.30 h, e logo, ás 15.30 h, haberá un briefing no salón de actos de Turismo Rías Baixas no que a organización dará toda a información que necesitan o centenar de participantes desta Epic Race Pontevedra 2017. 

PRESENTACIÓN DAS DÚAS DEPORUTAS  

 Por outra banda, Carmela Silva aproveitou a rolda de prensa para presentar as dúas "DepoRutas" que se realizarán na provincia o próximo mes de outubro. A primeira delas, que sairá do Parque Forestal Urbano do Pontillón do Castro, e terá lugar polo entorno do monte Acival, terá lugar o vindeiro 1 de outubro; mentres que a segunda delas, que terá como punto de partida o pobo de Sabucedo, será o 29 de outubro. Nesta última "DepoRuta" recorrerase corredoiras, camiños agrícolas e poderanse visitar varias parroquias do entorno do propio Sabucedo e de Codeseda.  

 A presidenta da Deputación de Pontevedra apuntou que "con estas "DepoRutas" ofreceremos unhas fantásticas paisaxes da provincia de Pontevedra das que poderán gozar calquera persoa, xa que non require unha gran forma física, ao contrario da Epic Race. Polo tanto tamén servirán para que a xente se apaixone pola BTT."  

 Carmela Silva engadiu que "con probas de prestixio nacional e internacional e con iniciativas como estas "DepoRutas" queremos que a BTT se converta nun turismo extremo de referencia na provincia, que sexa unha nova experiencia que propoñamos aos homes e mulleres tanto de Galicia como de España e de fóra do país."  

 Para a "DepoRuta do Pontillón", que ten un recorrido de 29 km e un desnivel acumulado de 700 m, o prazo de inscrición ábrense este mércores 6 de setembro e pecharase o 18 de setembro, aínda que se pechará en canto as 250 prazas se esgoten. Pola súa banda, para a "DepoRuta de Sabucedo", que ten un recorrido de 30 km e un desnivel acumulado de 750 m e para a que tamén terá 250 prazas dispoñibles, o prazo de inscrición estará aberto do 2 ao 16 de outubro. A inscrición nas probas poderase facer a través da web da Deputación de Pontevedra.

ARCOS DE VALDEVEZ

Sistelo é vencedora das 7 Maravilhas de Portugal - Aldeias Rurais  

A povoação de Sistelo eleita uma da "7 Maravilhas de Portugal"

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O passado dia 03 de setembro tornou-se em mais um marco na história do concelho de Arcos de Valdevez, que viu a povoação de Sistelo ser eleita uma da "7 Maravilhas de Portugal", na categoria de Aldeias Rurais, num processo de envolvimento e votação que incluiu os arcuenses, o país e a comunidade emigrante do concelho dispersa pela diáspora. 

O Presidente da Câmara Municipal João Manuel Esteves compartindo a sua alegria e satisfação cos arcuenses 

 Esta distinção não só enche de orgulho todos os arcuenses, como ainda trará maior visibilidade e popularidade ao concelho e em particular a Sistelo, que já conhece forte mediatização pelo importante processo, e único no seu género, de classificação como Paisagem Cultural/Monumento Nacional, em fase final de reconhecimento pelo Ministério da Cultura. 

O Presidente da Câmara Municipal João Manuel Esteves demonstrou toda a sua alegria e satisfação


 O Presidente da Câmara Municipal João Manuel Esteves demonstrou toda a sua alegria e satisfação, agradecendo em direto na RTP, durante a gala final realizada na aldeia de Piódão, o apoio de todos os que contribuíram para este reconhecimento e notoriedade, tendo deixado uma mensagem: "Obrigado a todos. Parabéns Sistelo. Viva Arcos de Valdevez onde Portugal se fez." Igualmente um agradecimento ao padrinho da candidatura, o fadista e músico Marco Rodrigues, pelo seu envolvimento, entusiasmo e contributo para este reconhecimento nacional de Sistelo como uma das 7 Maravilhas de Portugal.

O ROSAL

O CONCELLO DO ROSAL INVISTE MÁIS DE 180.000€ DO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA NOS CENTROS ESCOLARES DO MUNICIPIO 


Infogauda / O Rosal

 Como xa informamos a pasada semana neste xornal dixital, "o Concello do Rosal está realizando varias obras de mellora nos centros escolares do municipio subvencionadas pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos 2016". 

 Tal e como van de indicar o executivo municipal do concello rosaleiro "(...) máis de 160.000€ van destinados a mellorar as cubertas das escolas unitarias de Fornelos, Tabagón, Novás, Couso, Marzán, Pías, San Miguel e Simón do Mazo. A estas escolas únese tamén a reforma da cuberta da vivenda do centro médico de San Miguel. 

 Por outro lado, no CPI Manuel Suárez Marquier estase realizando unha obra por importe de 22.634€ que consiste no pulido do pavimento xa que debido á súa antigüidade e ao tránsito de alumnos o terrazo presenta numerosas irregularidades".

A GUARDA

O Concello da Guarda recomenda medidas  de racionalización da auga 

Fonte - lavadoiro de Netos (Buxán)
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda  

  O executivo municipal, do Concello de A Guarda ven de faer pública á seguinte información: 

 Por mor da ausencia de precipitacións durante os últimos meses, estase a notar unha diminución do caudal nos mananciais que provén de auga A Guarda. Igualmente, o abastecemento de auga procedente de Tui está a sufrir restricións pola limitación da capacidade de depuración respecto da demanda dos concellos aos que subministra.  

 Co ánimo de evitar males maiores, dende o Concello da Guarda e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, aconsellamos a todos os veciños e veciñas da localidade que fagan un uso razoable da auga, en previsión de que esta situación de escaseza de precipitacións continúe.  

 Neste sentido, informamos de que vaise a restrinxir o abastecemento da auga nas duchas e lavapés das praias, así como nas fontes públicas. Consideramos que estas medidas son perfectamente asumibles polos usuarios das praias e pedímoslle comprensión pola incomodidade que poida causar.

PATRIMONIO

Fortaleza de San Lorenzo de Goián, algunas patologías

(5ª parte) 



ENCUENTROS   POLIORCÉTICOS

 Teniendo en cuenta  la no exhaustividad de estos textos y la complejidad que encierra la lectura de paramentos en toda construcción histórica, podremos desvendar poco a poco lo que se denomina análisis estratigráfico sobre construcciones. El término se las trae, puesto que no hay unanimidad a la hora de introducir el adjetivo “arqueológico”.  La utilidad de ese llamado método Harris no excluye aplicar lógica y semántica a las  cosas. No es lo mismo una obra antrópica que un estrato arqueológico, no es lo mismo verticalidad que profundidad. En Goián, por ejemplo, a simple vista se advierte que la intramuralla noreste entre San Lorenzo y Santiago detenta obras de diferente cronología. La pulsión entre arqueólogos y arquitectos se mantiene dado que los principios de estratigrafía tienen poca vida (años 80), se han aplicado escasamente desde Barcelona o el País Vasco, o  también el CSIC, poniendo un poco de lado al mundo de la arquitectura. 


 Aún no es muy convincente destinar a la Arquitectura al papel de oyente, obligado a hacer un “acuse de recibo” relativamente a lo arqueológico. La artificialidad de la obra humana, loable de todo punto, no puede ser solamente definida como unidad estratigráfica muraria, ni tener una mera consideración arqueológica. En un muro, en su levantamiento, hay considerandos que no tiene una prospección, una excavación o un yacimiento. En el paramento, en la crujía, los elementos volitivos se superponen o adosan, se cortan entre sí o se cubren y hay discontinuidades o interfaces. El hombre hace inteligente a la piedra y, obviamente, hay una espiritualidad en ella que no la ofrece la arqueología. La pequeñez no puede orillar a la obra grande, mas cuando se admite al final que el método de los italianos (Parenti, Bonelli, Brogiolo, etc..) no es cerrado, antes bien flexible. Las cosas por simples no son menos verdades. Habría que llegar a aproximaciones consensuadas, sobre todo en el terreno de los vocablos. 

 Los valores de San Lorenzo de Goián son además exigentes. Por ejemplo, el arbolado: ¿Seremos capaces de suprimirlos en orden a una disposición geométrica y paisajística más acorde con el fuerte de época  moderna, más acorde con el seiscentismo? ¿De los 31 árboles del recinto interno, cuántos dejamos o cuántos descepamos? ¿Cómo el paisaje determina la espacialidad de este tipo de construcciones? ¿Por qué el glacis y el seiscentismo son tan importantes como la misma plaza de armas o recinto central? En otro orden de cosas, ¿qué sentido podemos dar a la concesión de un premio Espazo Fortaleza  que privilegió el cemento, la “betonada”, sobre otras consideraciones? Para gustos, colores, a lo que se ve.

ARTÍCULOS RELACIONADOS