O CONCELLO DO ROSAL INVISTE MÁIS DE 180.000€ DO PLAN CONCELLOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA NOS CENTROS ESCOLARES DO MUNICIPIO
Infogauda / O Rosal
Como xa informamos a pasada semana neste xornal dixital, "o Concello do Rosal está realizando varias obras de mellora nos centros escolares do municipio subvencionadas pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos 2016".
Tal e como van de indicar o executivo municipal do concello rosaleiro "(...) máis de 160.000€ van destinados a mellorar as cubertas das escolas unitarias de Fornelos, Tabagón, Novás, Couso, Marzán, Pías, San Miguel e Simón do Mazo. A estas escolas únese tamén a reforma da cuberta da vivenda do centro médico de San Miguel.
Por outro lado, no CPI Manuel Suárez Marquier estase realizando unha obra por importe de 22.634€ que consiste no pulido do pavimento xa que debido á súa antigüidade e ao tránsito de alumnos o terrazo presenta numerosas irregularidades".
Ningún comentario:
Publicar un comentario