21 de feb. de 2017

PATRIMONIO

Algumas considerações relativamente a torres ou atalaias no Minho

Torre de San Andrés

ENCONTROS  POLIORCETICOS

 Diz com razão o Doutor Carlos Alberto Brochado de Almeida que nenhuma fortaleza moderna feita do lado português carece de alguma outra de cariz medieva no Minho, tirando o Forte da Ínsua e São Francisco de Lovelhe. No entanto, no caso das atalaias ou torres o assunto pode mudar de figura se focalizarmos por exemplo o caso da atalaia portuguesa de 1666, na vila galega da Guarda. 

 Esta obra “ex novo”, de nova feição, era na prática uma réplica da Atalaia de Lovelhe em Vila Nova de Cerveira. Caso não se houvesse derrubado, teríamos uma obra para a pesquisa ímpar no seu género, onde poderíamos apurar elementos salientáveis como são mísulas de navio, escadas de um só lanço, porta de acesso adintelada e, em termos gerais, medidas muito similares. Não há, aliás, dissemelhança entre estas duas baterias, uma costeira e a outra  elevada do nível do mar mais de 100 metros. Curiosamente, guardam estreita relação na escala, na proporção e até nas presumíveis funções. Funções não unicamente restritas à vigilância ou às 3 bocas de fogo, senão a outras que ligam estes postos à orientação noturna. 

Torre Horadada

 Talvez, ou certamente, o rol jogado por estes postos durante a noite não era pouco. A luminária, os fogos alternados ou quietos, desenvolveram-se em todo lado e um âmbito como o minhoto não era alheio as suspresas que poderia deparar qualquer ataque na calada da noite. Vamos tratar de atear estes fogos no nosso imaginário dando um papel essencial aos fachos monteiros, por exemplo, do Monte Torros ou, de Sta. Tecla, em relação com as baterias. Uma correspondência entre  postos não é difícil de imaginar, com as suas consignas, os seus “blicks” e interrupções. Nambas as margens, artelhavam-se rosários lumínicos desde altos e calvos serranos nos momentos mais incertos. 

Torre de Cala Mijas


 No entanto, o que interessa destacar em relação a estes dois postos militares será a sua morfologia, ligada às “rondelles” e ao modelo italiano. Uma vez chegada a pirobalística, os arquitectos e engenheiros militares depararam-se com a obrigação de reformar em profundidade as plantas dos enclaves militares, ou, no mínimo, os exteriores mais expostos  à  nova  artilharia. As torres redondas, para além de funções defensivas contra inimigos e piratas turcos ou norteafricanos, eram arquitectonicamente falando consequência de adaptações progressivas que  incluíam  novidades até surpreendentes: lembrança de torres medievais, abstracção modernizante dos seus elementos, desligação do próprio castelo e independência formal dele, movilidade orográfica (caso único, a Atalaia de Lovelhe não forma parte desses recintos militares tipo mota/fosso/parapeito/bateria, dado ser um cotovelo geográfico inserido na Gávea). Torres que proliferaram em todo o lado apartir de inícios do século XVI, nomeadamente no Mediterráneo. A Atalaia portuguesa da Guarda não era uma excepção. Torres com formas quadradas, hexagonais, troncocónicas, semicirculares, circulares, erguidas ex-professo  para proteger as costas de inimigos e berberiscos. 

                                                              Torre de Punta Prima


 Temo-las por toda parte: Seria aborrecido enumera-las, mas destacam as de Gando, El Tostón ou San Andres, nas Canarias; as cilíndricas e circulares do termo municipal de Calviá, em Majorca. Torres de Punta Prima, Ses Portes, Carregador, em Menorca. Mazarrón ou Portman, em Múrcia. Mijas, Benalmádena ou Manganeta, em Málaga. Nos distritos de Cádiz, Huelva. De maior porte, as francesas destacavam por uma escala diferente e de acção pareada na mesma linha de costa ou no braço de costa frontal (temos os casos de Toulon, Marseille, Illesd, Hyere,…). Correspondentes a épocas diversas, são definidas pelo sucesso desse modelo formal independente e redondo, que perviveu nas baterias contemporâneas. 

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

CARLOS RODRÍGUEZ CASTRO (RESCATADOR DO SERVICIO AÉREO DE GARDACOSTAS DE GALICIA), ABORDARÁ O TEMA: “CRISE NO MEDITERRÁNEO: REFUXIADOS”

Será o sábado día 25 de febreiro, ás 20:00 h., na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos




Infogauda / Camposancos

 A Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos culminará o ciclo Charlas de portas abertas 2017, que viu desenvolvendo neste mes, con notable éxito de asistencia de público, o vindeiro sábado día 25 de febreiro, ás 20:00 horas, coa cuarta charla coloquio na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos. 

 Para cerrar o ciclo de charlas ninguén mellor que un camposino: Carlos Rodríguez Castro, rescatador do Servicio Aéreo de Guardacostas de Galicia. E ademáis o verán pasado as súas vacacións dedicounas a colaborar coa ONG MOAS índose a Asia para axudar as personas hacinadas nos campos de refuxiados. Sin dúbida nos contará das calamidades que pasan, por exemplo como él mismo foi retido por darlle unhas chocolatinas a uns nenos. Tamén proxectará un video,…”, dixo a Infogauda, José Fernando Martínez Martínez, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos.

A GUARDA

O ESTUDO DE MOBILIDADE DA DEPUTACIÓN PROPÓN PECHAR AO TRÁFICO O CASCO VELLO DE A GUARDA E PRIORIZAR O TRÁNSITO PEONIL POR CONCEPCIÓN ARENAL   

O deputado Uxío Benítez e os técnicos redactores reuníronse hoxe co alcalde e os concelleiros dos grupos da oposición para explicar as liñas básicas do “novo modelo de mobilidade sustentable para a vila”   

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez Fernández, presentou hoxe as conclusións do Estudo de Mobilidade e Espazos Públicos, encargado pola Deputación para o núcleo urbano de A Guarda
Foto: D. P.

Infogauda / A Guarda

 O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez Fernández, presentou hoxe as conclusións do Estudo de Mobilidade e Espazos Públicos encargado pola Deputación para o núcleo urbano de A Guarda. Este documento -unha folla de ruta a curto, medio e longo prazo para que o Concello poida ordenar o espazo público da vila de forma eficiente- propón como principais medidas a peonalización do casco vello, priorizaros tránsitos peonís na arteria viaria que vai ao Porto ebuscar alternativas de acceso máis eficientes para os vehículos, redeseñar progresivamente asrúas do resto da vila,e crear unha rede de bolsas de aparcamento.  

 Segundo explicou Benítez, o Estudo de Mobilidade pretende ser un “plantexamento global do novo modelo de mobilidade sustentable para A Guarda que permita aumentar a calidade urbana e de vida á veciñanza”. “Estes criterios técnicos son os que hai que seguir  e, a partir de aí, farase o que o Concello de A Guarda considere oportuno. A Deputación estará sempre a disposición de chegar a acordos para actuar sempre seguindo eses criterios, polo que haberá que ver como concretar despois a actuación en Concepción Arenal”, subliñou.  

 O documento final do Estudo de Mobilidade e Espazos foi elaborado logo dun proceso participativo no que se tiveron en conta as opinións dos veciños e de diferentes sectores económicos e políticos por medio de reunións e enquisas. As necesidades plantexadas nesa participación foron contrastadas cos datos de poboación, fluxos de tráfico rodado e peonil e con outros aspectos técnicos para dar lugar ás propostas. “Este documento marca as potencialidades que A Guarda pode desenvolver. É unha proposta que pasa dun modelo orientado ao automóbil cara un modelo orientado aos peóns”, subliñou Benítez.  

 As actuacións que se expuxeron pasan principalmente pola peonalización do casco vello e da zona de San Caetano que, segundo o equipo redactor do estudo, pode facerse de xeito inmediato mediante actuacións e solucións sinxelas –como sinalizacións- que permitirán grandes melloras do espazo público.   

 Por outra parte, proponse o redeseño e mellora da actual vía de acceso ao Porto –a estrada provincial Concepción Arenal- para implantar a prioridade peonil, cuestión que se define unha “actuación estratéxica”. Neste sentido, o Estudo de Mobilidade considera que é necesario enlazar a zona portuaria mediante eixos de comunicación máis eficientes que os actuais para os vehículos, evitando que camións de grandes dimensións e tonelaxe teñan que pasar polo núcleo da vila. Así, proponse retomar e potenciar o proxecto de ‘Acceso Sur’ que leva varios anos en estudo –pendente da Xunta de Galicia-.  

 Outra das propostas pasa por crear e mellorar bolsas de estacionamento en localizacións estratéxicas co fin de eliminar certos aparcamentos irregulares nas estradas, gañando esas áreas para o uso da veciñanza. Tamén se sinalou a necesidade de crear camiños escolares seguros cara a zona da Sangriña e dos equipamentos deportivos.   

 Por outra banda, e de cara a fomentar a accesibilidade e tamén tirar un posible rendemento turístico polo seu atractivo, púxose sobre a mesa a posibilidade de instalar dous elevadores mecánicos nas escaleiras do Concello e nas do edificio da confraría, que levarían directamente ao Porto.

A GUARDA

Fuscalho: VI ediçom do Da-lhe co sacho



C. S. Fuscalho / A Guarda

 A sexta-feira 24 de fevereiro, ademáis de a palestra sobre a loita da mulher no Kurdistám, pola noite botaremos a andar a sexta ediçom do Da-lhe co sacho!

 Desta volta contamos com quatro bandas coas que choraredes de gusto:

 A noite abrirase com Ovejas Violadas, banda vanguardista na Guarda polo seu estilo punk zoofílico, se quadra tambén o é na Galiza! Mozos rebeldes que pretendem profanar a orde do sistema estabelecido.

 Milhomes, som um dúo que valem por mil; noise inspirado no autor do 'Olho de Vidro'.

 Depois da súa primeira demo, estam a gravar o seu album de estrea em Hertzsound studio, co caminhense Marco Lima aos mandos.

 Gog y las hienas telepáticas, som um trio pontevedrés que factura um punk agreste, noise ocasional e baladas nihilistas. Repartem amor desde 2011 e com vista de ir a por máis, pois estam a gravar o seu terceiro album.

 The Charrans com um estilo de punk furtivo formado por gente da Guarda e Mougás, os membros formaram parte de Asegún e Frakaso Skolar.

 O nihilismo é parte do seu ADN, seu objectivo é expresarse, divertirse e pasalo bem.

 Este cartaz tem máis animais que a Passarería de Transilvánia. A que esperades para vir a gozar do Entroido máis bestia?

TURISMO

A directora de Turismo de Galicia, o secretario xeral de Cultura e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo asistiron hoxe á presentación da Festa da Arribada, de Baiona 

A Xunta de Galicia destaca o papel da Festa da Arribada como referente turístico internacional 

Lembra que, ano tras ano, durante os días da celebración o casco histórico da vila énchese con máis de 200.000 persoas de todas as partes do mundo

Salienta a importancia de actividades deportivas como a ‘Regata del Descubrimiento’ como importante reclamo turístico

A directora de Turismo de Galicia, o secretario xeral de Cultura e o delegado territorial da Xunta en Vigo asistiron hoxe á presentación da Festa da Arribada

Infogauda / Santiago de Compostela

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou hoxe, no transcurso da presentación da Festa da Arribada da Carabela Pinta que contou coa participación do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, a consolidación desta celebración que se converteu en todo un referente turístico que reúne no casco histórico da vila a máis de 200.000 persoas procedentes de todas as partes do mundo.
 Como explicou, as actividades que se desenvolverán durante os días de celebración da festa -3, 4 e 5 de marzo-, son numerosas e de diversa índole, desde publicacións, seminarios, exposicións, conferencias, congresos, concertos así como eventos deportivos entre os que subliñou a ‘Regata del Descubrimiento’, con máis de 3.500 millas de percorrido e a participación de máis de 70 barcos de distintos países, que contribúe á difusión e promoción do turismo náutico e deportivo da nosa comunidade.
 Durante o acto, que se celebrou no Museo das Peregrinacións, en Santiago de Compostela, a responsable de Turismo da Xunta de Galicia apuntou, ademais, á importancia histórica desta celebración que tamén inclúe actos como ofrendas florais, concesión de medallas e distintivos a persoas e institucións destacadas. Así como toda clase da actuacións relativas ao mercado medieval que rematan coa escenificación teatral da Arribada da Carabela Pinta á praia.

 Xunta cada ano máis de 200.000 persoas

 Tal e como explicou Nava Castro, todo isto converte á Festa nun “reclamo perfecto” para coñecer Baiona e na única celebración destas características en Galicia que se consolidou como “cita ineludible” no calendario festivo da nosa comunidade.
 Ademais, a súa consolidación como referente turístico, recordou a directora de Turismo de Galicia, fai que acade unha “incidencia directa” na divulgación da oferta turística galega vinculada aos “extraordinarios recursos turísticos” deste país impulsando así a mellora económica do sector, dixo.
 “Desde Turismo de Galicia somos conscientes de que as festas, polas súas características e singularidades e polo seu recoñecemento e prestixio autonómico, son un recurso a manter e potenciar. A súa celebración supón un importante reclamo de atracción turística e engaden importantes accións de difusión turística que constitúen un extraordinario incentivo para as economías locais”, explicou Nava Castro lembrando que é por iso polo que dende a Administración autonómica “fomentamos a súa difusión impulsando a promoción e mellora das festas de Galicia, especialmente as declaradas de Interese Turístico”, concluíu.

 De Interese Turístico Internacional

 A Festa da Arribada de Baiona está declarada como Festa de Interese Turístico Internacional e ten a súa orixe histórica no ano 1493, cando o un de marzo Martín Alonso Pizón arribou en Baiona e desde alí enviou a noticia do descubrimento de América aos Reis Católicos que se atopaban en Barcelona.
 A tradición sinala que, desde esa data, se celebraron na vila multitude de actos conmemorativos do feito transcendental da arribada da carabela Pinta, o que fixo de Baiona o primeiro porto do vello continente en coñecer a noticia do Descubrimento.
 Na actualidade e para conmemoralo, durante os días de celebración da festa, o casco histórico da vila de Baiona, declarado Conxunto de Interese Histórico Artístico, transfórmase e volta ao medievo e desenvólvense nela actividades numerosas e de diversa índole. 

TURISMO

Nava Castro inaugura en Arbo as primeiras xornadas formativas para os restaurantes da Ruta da Lamprea 

A directora de Turismo de Galicia salientou o “fundamental” que é ofrecer un servizo de calidade aos turistas que elixen visitar esta ruta que integra dezaoito municipios ás beiras dos ríos Miño, Ulla e Tambre

Os cursos están desenvolvidos pola Escola de Turismo Itinerante do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG)  

O curso de hoxe, centrado en como mellorar o posicionamento e reputación online, é o primeiro dun total de tres nos que se abordarán tamén as claves da atención ao cliente e a xestión económica

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inaugurou esta tarde en Arbo as primeiras xornadas formativas para os hostaleiros da Ruta da Lamprea 


Infogauda / Arbo

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inaugurou esta tarde en Arbo as primeiras xornadas formativas para os hostaleiros da Ruta da Lamprea impartido pola Escola de Turismo Itinerante do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) que axudará aos restaurantes da zona a “mellorar o seu servizo, a súa presenza nas redes e a facer unha xestión eficiente”.
 “A formación é un piar fundamental no desenvolvemento dun sector tan variable como o turístico. Os profesionais formades parte do presente e do futuro do Turismo en Galicia, unha actividade cuxo volume superou o 11% do PIB da nosa comunidade”, indicou Nava Castro aos participantes do curso.
 Por iso, como explicou, para Turismo de Galicia é “fundamental” ofrecer un servizo de calidade aos turistas que elixen visitar a Ruta da Lamprea, que é xa un produto turístico “innovador e diferenciador” que potencia o turismo dos dezaoito municipios que integra situados nas beiras dos ríos Miño, Ulla e Tambre. Ademais, a través dela, pódese dar a coñecer dende o importante patrimonio que rodea a este peixe e a súa captura, ata recursos naturais e culturais, como miradoiros, paseos, pontes ou capelas, entre outros.
 “Estou convencida de que este programa repercutirá directamente na imaxe do sector e na calidade desta Ruta, en particular, e de Galicia, como destino, en xeral”, indicou a directora de Turismo de Galicia.
 As xornadas formativas inauguradas hoxe, centradas en como mellorar o seu posicionamento en internet, a súa reputación online e as ferramentas para ser máis visibles na rede, son as primeiras das tres que se desenvolverán nos próximos días e nas que os profesionais da Ruta da Lamprea tamén coñecerán as claves da atención ao cliente e a xestión económica. As vindeiras sesións serán o 6 e 7 de marzo.
 A iniciativa está enmarcada no traballo da Escola de Turismo Itinerante do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), que facilita a formación a medida e adaptada á realidade de cada entorno.

LINGUA

A Xunta de Galicia conmemora o Día Internacional da Lingua Materna 

Os conselleiros de Educación e Política Social visitaron nesta xornada unha escola infantil no marco dun acto promovido desde a Rede de Dinamización Lingüística e a Rede de Escolas Infantís Galiña Azul

‘Cara a un futuro sustentable a través da educación multilingüe’, lema da UNESCO para a celebración deste ano

Os conselleiros de Educación e Política Social visitaron nesta xornada unha escola infantil no marco dun acto promovido desde a Rede de Dinamización Lingüística e a Rede de Escolas Infantís Galiña Azul


Infogauda / Santiago de Compostela

 Os conselleiros de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e Política Social, José Manuel Rey Varela; visitaron hoxe a Escola Infantil Tras Parlamento co gallo da celebración do Día Internacional da Lingua Materna, unha conmemoración coa que a UNESCO quere impulsar o coñecemento e a práctica das linguas maternas en todos os eidos da sociedade. Este ano o lema do día é ‘Cara a un futuro sustentable a través da educación multilingüe’, co que se busca destacar que o uso das linguas maternas no marco dun enfoque plurilingüe é unha compoñente esencial da educación de calidade. Coincidindo co ano no que as Letras Galegas se lle dedican a Carlos Casares, a Rede de Escolas Infantís Galiña Azul acolleu nun dos seus centros a celebración institucional promovida pola Rede de Dinamización Lingüística (RDL).
 Neste contexto, Román Rodríguez explicou que lle corresponde ao Goberno galego dar apoio ás familias e aos educadores en xeral na importante tarefa de abrirlles aos nenos e nenas as portas do galego como primeiro paso para abrirllas ao plurilingüismo. Un plurilingüismo que, salientou, constitúe unha das bazas fortes do Goberno galego, que está disposto a estendelo a todas as etapas educativas. O conselleiro de Educación destacou ademais que se está a traballar nun Plan de dinamización do uso da lingua galega entre a xuventude a fin de afondar na idea de que o galego é útil en calquera ámbito e para todas as funcións, de tal forma que se xeren actitudes positivas cara á lingua propia de Galicia.
 Por outra banda, Román Rodríguez quixo tamén ter unha lembranza para Carlos Casares, un dos iniciadores da literatura infantil en lingua galega; e para Rosalía de Castro, nunha semana na que se celebra o 180 aniversario do seu nacemento.
 Pola súa parte, José Manuel Rey Varela explicou que con este acto a Xunta súmase ao chamamento que fai a UNESCO en favor da diversidade lingüística e o plurilingüismo, destacando a riqueza que supón que en Galicia convivan dúas linguas. Así mesmo, indicou que, tal e como sinala na súa declaración a UNESCO, “a educación en lingua materna é esencial para mellorar a aprendizaxe e para fomentar a confianza e autoestima”. Neste sentido, apuntou que nas escolas infantís de 0 a 3 anos de titularidade autonómica úsase preferentemente o galego, sendo o seu emprego maioritario nestes centros se ben galego e castelán utilízanse en función da lingua materna de cada un dos nenos.

 Durante o seu percorrido polo centro escolar os conselleiros estiveron acompañados polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e mais polo xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños.

 O acto institucional pechárono os músicos coruñeses Pablo Díaz, Carmen Rey e Tito Calviño cun concerto en directo de 'Xente miúda, moita fartura' que tivo como convidados bebés e familias usuarias da escola infantil.

Diálogo e integración

 
O obxectivo do Día Internacional da Lingua Materna é sensibilizar acerca da importancia dos idiomas e do relevante papel que teñen para garantir o respecto á diversidade, fomentar o diálogo intercultural e, en relación con isto, para fortalecer a cooperación, a construción de sociedades do coñecemento integradoras e a preservación do patrimonio cultural. A Xunta de Galicia vén sumándose a esta conmemoración desde o 2011 e a RDL incorporouse a ela dous anos despois, tras a súa creación, celebrando cada ano un acto institucional nun dos seus concellos adscritos (nesta ocasión, na capital de Galicia). No web www.linguagalega.gal pódense atopar información e recursos sobre o Día Internacional da Lingua Materna.

 Centrado na defensa do plurilingüismo, a mensaxe da directora xeral da UNESCO, Irina Bokova, sinala a aprendizaxe das diferentes linguas como “unha promesa de paz, de innovación e de creatividade”; e lembra que “non pode haber un diálogo xenuíno, nin unha cooperación internacional eficaz, sen o respecto da diversidade lingüística, que abre paso á comprensión verdadeira de cada cultura”.
 Así mesmo, salienta que a educación plurilingüe, é tamén unha oportunidade para mobilizarse e favor dunha educación inclusiva e equitativa de calidade e da oportunidade de aprendizaxe ao longo de toda a vida para todos; cuestións que constitúen liñas de actuación primordiais para a Consellería de Cultura e Educación.

ARCOS DE VALDEVEZ (PORTUGAL)

O maior Corso de Carnaval do Norte é em Arcos de Valdevez onde Portugal se fez

 CARNAVAL - 24 a 28 de fevereiro




Maria João Brito / Arcos de Valdevez

 Arcos de Valdevez convida a viver o entrudo com grande folia e animação. Em período de Carnaval, nesta terra Onde Portugal se fez, o espírito Carnavalesco e a animação que se faz sentir no concelho, são voltados, na íntegra, para a brincadeira, as máscaras e a traquinice. As artérias da Vila enchem-se de crianças, jo­vens e adultos que ajudam a fazer festa. Mascarados com grande criatividade e dos mais variados temas, participam sempre muito animados, contribuindo para que esta festa seja única e repleta de muita folia, cor e fantasia.


 O Carnaval em Arcos de Valdevez assume cada vez mais uma posição singular no itine­rário dos melhores Carnavais do país, possuindo o maior corso carnavalesco do Norte do País, o qual sai à rua na terça-feira, dia 28 de fevereiro, e conta com inúmeros participantes e milhares de pessoas a assistir. O entrudo arcuense é motivo de orgulho e este ano inova com a realização de um Baile Vaile Veneziano no Paço de Giela, no dia 25. Neste baile, de entrada gratuita, haverá animação Infantil, face paiting, performances com fogo e aéreas, Ópera, Baile e Dj´s. No local existe ainda a possibilidade de jantar ou cear durante a noite.


 Esta será a primeira experiência do género realizada no âmbito do Carnaval e, por isso, a Câmara Municipal irá ceder os primeiros 100 fatos venezianos para o Baile (50 de homem e 50 de mulher, sem máscara incluída).

 Os fatos e as máscaras estarão disponíveis no Centro Municipal de Informação e Turismo e no Paço de Giela a partir do dia 22.

 A ani­mação é uma constante e variada, tentando chegar aos mais variados públicos. Para além do grande Corso e do Baile Veneziano, contempla o Cortejo Carnavalesco dos Agrupamentos Escolares e Jardins de Infância, o qual desfilará por várias artérias da Vila; o domingo, dia 26, é reservado para a população sénior, com o Pimba no Carnaval. Neste dia tem lugar o desfile das IPSS e rusgas de Arcos de Arcos de Valdevez. Na segunda-feira à noite irá decorrer um Baile de Máscaras no Campo do Trasladário.
O grande corso, o qual conta com a participação das várias associações concelhias, que preparam os seus carros alegóricos a rigor para o grande dia, é o culminar e a “estrela” destas festividades já que é onde os foliões se encontram no fim destes dias de animação.

 Estes são motivos mais que suficientes para visitar Arcos de Valdevez e juntar-se aos festejos, entrando nas brincadeiras e espírito do Carnaval. Venha a Arcos de Valdevez onde Portugal se Fez. Estamos perto (a meia hora de Braga e uma do Porto e Vigo)! Aqui, não só terá a oportunidade de vivenciar um Car­naval único no País e na Região, como também de ficar a conhecer a sua cultura, as suas tradições e a sua excelente gastronomia.

 As festividades são organizadas pela Associação Folia em colaboração com a Câmara Municipal de Arcos de Valdevez.

REDONDELA

CCD GALICIA LAMENTA OTRA VÍCTIMA DE VIOLENCIA ENTRE PERSONAS, SUCEDIDA EN GALICIA   


Xermán Cordero Verde * 

 Desde Coalición de Centro Democrático de Galicia (CCD Galicia) manifestamos nuestro más rotunda condena a los actos de violencia de género acontecidos en la noche del 20 febrero del 2017 en el Concello de Redondela en la parroquia de Chapela, donde falleció a manos de su ex-pareja, María José Mateo que tenía 50 años.

 Desde CCD Galicia y CCD Redondela nos unimos al dolor de la familia y del pueblo de Redondela por esta lacra, aún presente en nuestra sociedad, lamentando este trágico suceso que ha conmocionado a toda el área metropolitana de Vigo y su provincia. 

 CCD Redondela y CCD Galicia se unirán a los actos de repulsa que se organicen desde las instituciones.

* Coordinador de Coalición Centro Democrático de Galicia 

(R)

FILATELIA

FEGASOFI  CELEBROU SÚA ASEMBLEA XERAL  ORDINARIA

Foto de familia dos participantes na Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI)
Foto: FEGASOFI

Infogauda / Padrón

 O sábado 18 de febreiro de 2017 celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI), na localidade coruñesa de Padrón, concretamente en Casa Museo de Rosalía de Castro, a súa sede.  

 Na reunión, na que estiveron representadas trece sociedades pertencentes a FEGASOFI, participaron membros da Xunta Directiva e asociados procedentes das localidades da Coruña, Ourense, Vigo, A Guarda e O Rosal. 

 O presidente agradeceu a súa presenza e iniciou a sesión cun minuto de silencio polos filatelistas falecidos, continuando coa aprobación do acta anterior, e o seu informe que relatou as actividades nas que estivera representada a Federación durante e ano pasado. 

 Un percorrido polas contas e orzamentos,  a presenza galega en FESOFI, as contas e orzamentos, os proxectos e as próximas exposicións a celebrar en 2017 ocuparon a xornada.

 Finalizada a Asemblea, pousaron para a ocasión no interior da Casa Museo da poetisa galega Rosalía de Castro.