FEGASOFI CELEBROU SÚA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Foto de familia dos participantes na Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI)
Foto: FEGASOFI
Infogauda / Padrón
O sábado 18 de febreiro de 2017 celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI), na localidade coruñesa de Padrón, concretamente en Casa Museo de Rosalía de Castro, a súa sede.
Na reunión, na que estiveron representadas trece sociedades pertencentes a FEGASOFI, participaron membros da Xunta Directiva e asociados procedentes das localidades da Coruña, Ourense, Vigo, A Guarda e O Rosal.
O presidente agradeceu a súa presenza e iniciou a sesión cun minuto de silencio polos filatelistas falecidos, continuando coa aprobación do acta anterior, e o seu informe que relatou as actividades nas que estivera representada a Federación durante e ano pasado.
Un percorrido polas contas e orzamentos, a presenza galega en FESOFI, as contas e orzamentos, os proxectos e as próximas exposicións a celebrar en 2017 ocuparon a xornada.
Finalizada a Asemblea, pousaron para a ocasión no interior da Casa Museo da poetisa galega Rosalía de Castro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario