CARLOS RODRÍGUEZ CASTRO (RESCATADOR DO SERVICIO AÉREO DE GARDACOSTAS DE GALICIA), ABORDARÁ O TEMA: “CRISE NO MEDITERRÁNEO: REFUXIADOS”
Será o sábado día 25 de febreiro, ás 20:00 h., na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos
Infogauda / Camposancos
A Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos culminará o ciclo Charlas de portas abertas 2017, que viu desenvolvendo neste mes, con notable éxito de asistencia de público, o vindeiro sábado día 25 de febreiro, ás 20:00 horas, coa cuarta charla coloquio na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos.
“Para cerrar o ciclo de charlas ninguén mellor que un camposino: Carlos Rodríguez Castro, rescatador do Servicio Aéreo de Guardacostas de Galicia. E ademáis o verán pasado as súas vacacións dedicounas a colaborar coa ONG MOAS índose a Asia para axudar as personas hacinadas nos campos de refuxiados. Sin dúbida nos contará das calamidades que pasan, por exemplo como él mismo foi retido por darlle unhas chocolatinas a uns nenos. Tamén proxectará un video,…”, dixo a Infogauda, José Fernando Martínez Martínez, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario