As escaleiras da Casa do Concello locen os adornos feitos no primeiro obradoiro infantil “Decora o teu Nadal”
O pasado sábado tivo lugar na Casa dos Alonso o primeiro obradoiro da campaña “Decora o teu Nadal” adicada aos máis pequenos da casa
Os cativos, de entre 4 e 12 anos de idade, que participaron o pasado sábado 9 de decembro no primeiro obradoiro de decoración de Nadal, que se celebrou na Casa dos Alonso
Fotos: C. A. G.
Infogauda / A Guarda
O Concello da Guarda impulsou dende hai unhas semanas, e por terceiro ano consecutivo, a campaña “Decora o teu Nadal”. De novo, o seu principal obxectivo é decorar a Vila de cara a estas sinaladas datas. Para isto, contouse coa colaboración de asociacións, comerciantes, veciños e dos máis pequenos da casa.
Arboriños de Nadal, nas escaleiras de acceso as dependencias municipais da Casa do Concello de A Guarda
Os cativos, de entre 4 e 12 anos de idade, participaron o pasado sábado 9 de decembro no primeiro obradoiro de decoración de Nadal, que se celebrou na Casa dos Alonso, coa finalidade de decorar o Consistorio.
Os nenos e nenas desfrutaron durante a mañá creando os seus propios e personalizados adornos para colgar nas súas respectivas árbores de Nadal. Estas últimas deseñáronse seguindo o modelo que comerciantes e veciños e veciñas aprenderon a realizar previamente no obradoiro “Decora o teu Nadal” a finais de novembro, aínda que dun tamaño menor.
Os seguintes obradoiros celebraranse o sábado 16 de decembro, pensando en decorar a Praza de Abastos, e o martes 2 de xaneiro co fin de preparar a Recepción Real dos Reis Magos. Ambos terán lugar na Casa dos Alonso a partir das 11:30 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario