12 de dec. de 2017

TUI

O BNG e Galiza Nova organiza unha charla divulgativa en Tui baixo o lema "Profundar na democracia. Dereito a decidir"   

O coloquio terá lugar, este venres 15 de decembro ás 20:30 na aula Cemit da Área Panorámica de Tui


Infogauda / Tui 

 O dereito a decidir dos pobos é unha vella reivindicación do BNG para resolver os problemas do noso país, porque a actual dependencia de Galiza é precisamente unha das claves do desastre económico e social que está facendo desaparecer os nosos sectores produtivos. A organización nacionalista considera que é unha necesidade vital das nacións sen Estado para buscar unha saída social xusta

 Para a portavoz municipal do BNG en Tui, Carme Núñez, é necesario “levar este debate á sociedade, ante o silencio premeditado que se quere impor desde o estado español”, xa que segundo afirma, resulta evidente que non é só Rajoy quen pretende silenciar este dereito fundamental dos pobos”.  

 “Queremos contar coas mellores ferramentas posíbeis para decidir o noso propio futuro, e esas ferramentas son as que teñen os estados, como por exemplo a capacidade de recaudar os impostos e decidir en que se gastan, apuntou André Vidal, responsábel comarcal de Galiza Nova.

 Así pois Galiza Nova e o BNG organiza en Tui unha palestra divulgativa sobre a defensa da democracia e do dereito a decidir dos pobos, que ten que pasar a primeiro plano do debate político para acadar un futuro digno para as maiorías sociais, en particular nesta situación de crise económica, dando a coñecer así tamén a proposta do BNG sobre bases democráticas para unha nova Galiza.  

 O coloquio terá lugar, este venres 15 de decembro ás 20:30 na aula Cemit da Área Panorámica de Tui no que intervirán: André Vidal, responsábel comarcal de Galiza Nova no Baixo Miño, Carme Núñez, portavoz municipal do BNG en Tui, André Abal, representante do BNG na emigración, e Ana Miranda, portavoz do BNG no Parlamento Europeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario