Unha charla tentará achegarnos as causas, secuelas e recursos para o dano cerebral
O mércores 6 de novembro, de 16:30 a 18:00 horas, na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, fai público que o mércores 6 de novembro, de 16:30 a 18:00 horas, na Casa dos Alonso, haberá unha charla sobre a “Aproximación ao dano cerebral adquirido”.
Nesta charla trataranse as causas (de ictus e traumatismo cranioencefálicos), secuelas e os recursos de atención dispoñibles para estes casos.
Para acudir, as persoas interesadas poden inscribirse no teléfono 986 61 45 07 ou nos Servizos Sociais do Concello de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario