VETERANOS ARTILLEIROS DE CABO SILLEIRO, VOLTARON A REENCONTRARSE
Ricardo Rodríguez Vicente / Gondomar
Son unha representación daqueles artilleiros que a mediados dos anos 70 do pasado século XX, estiveron destinados na Batería de Costa J-4, de Cabo Silleiro (Baiona), ou con estadías temporais na base militar de soporte de artillería costeira J-3, de Monteferro (Nigrán).
Nestes días outonais voltaron a reencontrarse en Gondomar. Fixérono coa alegría que iso conleva e tamén coa nostalxia por quens xa están noutra dimensión: a intemporal.
O evento anual serviu, unha vez máis, para cultivar a amizade, a memoria e o xúbilo de sobrevivir, o cal visto desde unha perspectiva do tempo pretérito xa compensa con fartura. Porque o que conta é o aquí e agora. É decir, o presente. O futuro, obviamente imprevisible, xa non lles quita o sono.
A cea e a convivencia, complementadas con anécdotas, gratas conversas, e recordos dos momentos vividos durante o cumprimento do deber, tiveron como broche de ouro a magnífica actuación de José Manuel, veterano músico de Panxón, que co seu acordeón interpretou unha selección musical – “Suspiros da alma” (Valse instrumental), “Illas Canarias” (Pasodobre), “Amor dos meus amores”, “Huapango”, “Mussette” (Valse francés), “Baixo a dobre aguia” (Marcha militar); e “Cantigas e agarimos” (Pasodobre) - que foi premiada cos merecidos aplausos de todos os asistentes.
Simplemente genial❤️❤️❤️❤️
ResponderEliminarHéroes!!
Eliminar