30 de out. de 2024

A GUARDA

A CONFRARÍA DE PESCADORES ADQUIRIU UN TRANSPORTADOR PARA VARAR AS EMBARCACIÓNS

O importe da subvención concedida ascende a 49.850 euros


Fotos: Confraría de Pescadores Santa Tecla


 Infogauda / A Guarda

 Ao abeiro do Plan de equipamentos nos portos pesqueiros de Galicia 20230, a Confraría de Pescadores Santa Tecla, de A Guarda, vén de facer pública a "adquisición dun transportador eléctrico con radiocontrol, para o varado das embarcacións no peirao do Porto de A Guarda.  

 A interverción consta dun transportador marca Robik Crawler, vehículo eléctrico sobre orugas manexado a través dun mando de radiocontrol.  

 Esta obra foi subvencionada por un total de 49.850 €uros, dos que 34.895 €uros son con Fondos FEMPA (70%) e a Comunidade Autónoma de Galicia (30%): 14.955 €uros."

Ningún comentario:

Publicar un comentario