A Guarda vai acoller a presentación do I Torneo Internacional Transfronteirizo do Minho
Este mércores, 30 de outubro, ás 20:30 horas, no Centro Cultural da vila
Infogauda / A Guarda
Este mércores, 30 de outubro, ás 20:30 horas, no Centro Cultural de A Guarda, celebrarase a presentación oficial do I Torneo Internacional Transfronteirizo do Minho, acto aberto a todos os públicos ata completar a cabida do local.
O I Torneo Internacional Transfronteirizo do Minho celebrarase o venres, 1 de novembro, e A Guarda será o escenario principal para o espectáculo do balonmán..
O devandito torneo trata de impulsar as relacións do Baixo Miño co norte do Portugal, tamén no ámbito do deporte. O pavillón da Sangriña e o pavillón Municipal do Rosal acollerán diferentes encontros entre preseleccións galegas de categorías inferiores contra equipos do Porto, Azurara (Vila do Conde) ou Maia.
Ademais, tamén competirán as cadetes do Mecalia Atlético Guardés, aparte das xa seleccionadas para competir coa selección galega noutras categorías.
Ningún comentario:
Publicar un comentario