A AGRUPACIÓN CORAL POLIFÓNICA DE A GUARDA ORGANIZA O CONCERTO DE PANXOLIÑAS
Será o domingo día 17 de decembro, ás 18:00 h., na igrexa parroquial
Infogauda / A Guarda
Organizado pola Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, o domingo día 17 de decembro, ás 18:00 h., na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, terá lugar o tradicional Concerto de Panxoliñas.
Nese evento cultural, que é todo un fermoso limiar do Nadal, participarán ás seguintes entidades:
· Coro do Club da Terceira Idade.
· Coro Infantil do Colexio PP. Somascos.
· Coro Arpegios Cantabile.
· Grupo de Corda Antorcha.
· Agrupación Coral Polifónica de A Guarda.
Oficiará como presentador o párroco D. Jesús García Villadóniga.
Colabouran:
Igrexa de Santa María de A Guarda, Concello de A Guarda e Deputación de Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario