Finalización da Escola de Nais e Pais
Infogauda / Oia
O 30 deste mes remata o proxecto "Escola de Nais e Pais" que desenvolveu o Concello de Oia entre outubro e novembro nos centros educativos CEIP Refoxos e CEIP Mestre Manuel García.
Durante as seis semanas que durou a actividade procurouse dar resposta os interrogantes que mais preocupaban as familias que participaron no proxecto. Concretamente, tratáronse temas como a comunicación paterno-filial, as pautas de comportamento, a intelixencia emocional, a hiperactividade, o acoso escolar, entre outros temas.
Durante as devanditas sesións tentouse fomentar unha rede de apoio entre as familias participantes co obxectivo de poñer en común as pautas educativas que empregan coas súas crianzas e que facilitan a vida e a convivencia familiar.
A educadora familiar do Concello, Mercedes Vilar, tratou de moderar o encontro e facilitar a información necesaria para desenvolver relacións paterno-filiais dende unha perspectiva positiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario