22 de nov. de 2017

O ROSAL

MERCADOS DE NADAL NO CONCELLO DO ROSAL  


Infogauda / O Rosal

 No mes de decembro O Rosal acollerá os Mercados de Nadal. 

 Serán dúas fins de semana consecutivas, nas que se dedicará o sábado 9 e domingo 10 de decembro ao Mercado do Troco e Segunda Man, e o sábado 16 e domingo 17 de decembro ao Mercado de Artesanía. 

 Estas son datas de moitas compras, polo que o Concello do Rosal pon especial interese en propiciar un consumo responsable. 

 Segundo afirma o executivo municipal Mercado do Troco e Segunda Man, ten por obxecto fomentar unha cultura de intercambio, onde se pretende superar os conceptos de compra e venda ligados ao exceso de consumo. En definitiva, recuperar valores como o “saber compartir” e o “consumo responsable” fronte á acumulación e excesivo apego aos obxectos. 

 Co Mercado de Artesanía, queremos por en valor todos aqueles productos feitos a man, con materias primas de calidade e que están realizados con mimo e tempo de elaboración, valorando o bo das cousas feitas a man

 Os mercados celebraranse no Salón de Exposicións do Concello cun horario de 10:00 a 20:00 h. ambos días. Haberá 20 postos expositores polo que todas aquelas persoas interesadas en participar, deberán solicitar por rexistro de entrada do concello unha solicitude. Os postos serán adxudicados por orde de rexistro de entrada. 

 Desde o Concello rosaleiro desexan que esta iniciativa teña boa acollida entre a veciñanza e que serva como punto de inicio do nadal no Rosal”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario