22 de nov. de 2017

O ROSAL

EU TOMO PARTIDO, E TI? 

25-N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 



Infogauda / O Rosal

 Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, o Concello do Rosal quere comprometerse dun xeito especial implicando a cada colectivo que ten representación na nosa sociedade. 

 Este ano 2017, a plantilla de traballadoras da Escola Infantil Galiña Azul do Rosal que traballa día a día coas novas xeracións de nenos e nenas máis pequechos do noso concello, son as protagonistas do proxecto contra a violencia de xénero, EU TOMO PARTIDO, E TI? 

 Este colectivo ten unha dobre responsabilidade, por un lado na formación e transmisión de valores de igualdade desde as idades máis temperás, e por outra banda, no contacto e traballo coas familias, e en definitiva cos fogares de centos de nenos e nenas que pasaron e pasarán ao longo dos anos polas aulas da Escola Infantil do Rosal. Este ano contamos coa colaboración desinteresada das profesoras da Escola Infantil Galiña Azul do Rosal:  Alicia Alonso Treinta, Raquel Iglesias González, Ana Belén Díaz Rodríguez, Ovidia González Dorado, Olga Treinta González, Vanesa Sánchez Fernández, Rebeca Real Araujo, Mercedes Punzano Rodríguez, Noelia Parcero Rodríguez e Mercedes Torres Costa.

 Desde o Concello do Rosal danlles moitísimas grazas a todas por participar no proxecto e por servir de modelo ás novas xeracións de nenos e nenas do Rosal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario