28 de nov. de 2017

DEPORTES

HOCKEY LIÑA

OITO XOGADORAS/ES DO EQUIPO A GUARDA HOCKEY LIÑA CONVOCADOS PARA Á TECNIFICACIÓN DA SELECCIÓN GALEGA

A Guarda Hockey Liña volta a contar con un alto número de convocados, a pesares da xa coñecida falta de instalacións deportivas adecuadas á disciplina que hai na Vila

Compoñentes da Selección Galega Infantil en Torneos Nacionais

Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 Esta fin de semana celebrarase no pavillón Municipal A Carballeira de Ourense a Tecnificación da Selección Galega de Hockey Liña con oito xogadores e xogadoras guardeses entre os convocados.  

 En esta xornada os canteiráns da Guarda compartirán experiencias con nenos e nenas de toda Galicia e tentarán convencer ó corpo técnico da Selección para poder estar en próximas convocatorias.  

 A Guarda Hockey Liña volta a contar con un alto número de convocados, a pesares da xa coñecida falta de instalacións deportivas adecuadas á disciplina que hai na Vila. No pasado verán o Concello da Guarda traballou para a instalación dun valado de seguridade para a práctica do Hockey no pavillón do Colexio As Solanas, chegando incluso a ter orzamento para a mesma, aínda que as reducidas medidas da pista do pavillón desaconsellaron a obra.   

 Dende o Clube guardés instan ó Concello e a Deputación a buscar solucións alternativas para solucionar unha carencia que lastra o crecemento da disciplina na Vila, xa que os adestramentos non poden levarse a cabo con toda a intensidade esixida e vense obrigados a competir no pavillón de Bouzas da cidade de Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario