27 de nov. de 2017

DEPORTES

ATLETISMO

O ESTADIO LUCENSE GREGORIO PÉREZ RIBEIRA, FOI TESTEMUÑA DO BO ESTADO DE FORMA QUE ATRAVESAN O ATLETAS GUARDESES MILU,  CHRISTIAN E ÁLEX, DO ATLETISMO  TREGA

DEMOSTRANDO UN ANO MÁIS, QUE A MARCHA DA SOCIEDADE ATLÉTICA ESTÁ EN AUXE, ANO A ANO NO MÁIS ALTO DO PODIUM, CONSEGUINDO PARA O CONCELLO DE TOMIÑO AS PRIMEIRAS MEDALLAS AUTONÓMICAS: 2 DE OURO E 1 DE PRATA, NA MODALIDADE DE MARCHA ATLÉTICA NO XXIX CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA DE INVERNO QUE QUEDARÁ PARA A HISTORIA DO CONCELLO TOMIÑÉS POR SER OS PIONEIROS EN LOGRALO. 

Na composición fotográfica, o podio dos irmáns Sierpes e a dereita deles Emilia Rodríguez “Milu”

Atletismo Trega / Tomiño

 O sábado pasado, día 25 de novembro, celebrouse no Estadio Gregorio Pérez Ribeira, en Lugo, o  XXIX Campionato de Galicia de marcha atlética en pista de inverno, que sería o primeiro da tempada 2017/2018. 

 Cunha mañá moi fría e vento húmido, na que  non apetecía saír á pista para marchar, pero aínda así, os nosos representantes sacaron a caste da casa, saíndo a por todas con moitas ganas de entrar en acción e en calor. 

 A primeira quenda tocaríalle ás 11:10 h., aos incombustibles irmáns  Sierpes, xa habituais nos 2.000 m. alevín masculino e en diferentes probas do calendario de marcha atlética, onde unha vez máis saíron desde o principio impoñendo o seu dominio, o seu ritmo e a súa técnica sobre o resto  dos rivais, seguindo eles sós na cabeza ata o último tramo da carreira, onde nalgún momento Álex quixo pasarlle ao seu irmán, pero  Christian sendo o máis veterano na categoría, non lle deixou ningunha opción en ningún momento, ata chegar  e atoparse xuntos na última recta do 100 para  disputarse o apretadísimo final  onde  Christian pegou o último machadazo e cambio definitivo, que lle daría  outro  título máis de campión de Galicia cunha marca discreta de 11:47.64 e entrando  moi pegado detrás, o seu irmán pequeno Álex, que se faría co subcampeonato  galego cun tempo de 11:48.97, onde tentou intimidar ao seu irmán ata o final. 

Emilia Rodríguez “Milu” - no centro da imaxe - flanqueada por Christian e Álex Sierpes Pereira


 E por último ás 13:05 h. tocoulle a quenda á nosa atleta guardesa veterana Emilia Rodríguez “Milu”, que conseguiu a súa consagración de Campioa Galega de 5.000 m. veteranas mulleres na categoría 40-45 anos cunha sensacional marca de 30’48’’ e dándolle así, a terceira medalla galega a Tomiño. 

 Grandísima carreira por parte de  Milu, dando a sorpresa total xa que foi o seu debut na competición de este calibre. 

 Moitas felicidades os nosos medallistas!  

Ningún comentario:

Publicar un comentario