26 de nov. de 2017

A GUARDA

A AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA CELEBROU O CONCERTO DE SANTA ICÍA

Conxuntamente co Grupo de Acordeóns Mascarenhas

Víctor Luis Alonso Treinta, dirixindo a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda
Fotos: Pozaslalo fotografías 

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Como era de agardar, o Concerto de Santa Icía, organizado pola Agrupación Musical de A Guarda, resultou todo un éxito. 

 O evento tivo lugar na tardiña do sábado día 25 de novembro, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, e foi presentado polo párroco Jesús García Villadóniga, co seu habitual estilo, ilustrado con varias citas de persoaxes de talla internacional, como esta: Penso que unha vida pola música, é unha vida ben aproveitada e é a isto ao que me dediquei, do tenor Luciano Pavarotti, ou esta:Sen música a vida sería un erro, de Friedrich Nietzsche -, entre outras, todas elas relacionadas coa música.

José Luis Lorenzo Rodríguez, dirixindo o Grupo de Acordeóns Mascarenhas

 O programa do concerto abriuse coa participación do Grupo de Acordeóns Mascarenhas, dirixido por José Luis Lorenzo Rodríguez, que interpretou:

· El día que me quieras, de Carlos Gardel.
· Adios muchados, de Alberto Sand.
· O Son do Ar, de Bieito Romero.
· Chiquitita, de Abba.
· Los Nardos, de Francisco Alonso.
· Bésame mucho, de Consuelo Velázquez.
· Na punta do pe, de José Luis Lorenzo.
· Puenteareas, de Reveriano Soutulo.

Laura González Portela voltou a colabourar co Grupo de Acordeons Mascarenhas

 Compre salientar que o Grupo de Acordeons Mascarenhas, contou, unha vez máis, coa participación de Laura González Portela - flauta traveseira - e de Antonio González Melón, como percusionista.

 O respectable público que ateigaba o templo parroquial - A Guarda, como todos sabemos, carece de un auditorio municipal con aforo suficiente para seu desenvolvemento cultural -, soubo agradecer cos seus aplausos á magnífica actuación dGrupo de Acordeons Mascarenhas.


David Álvarez facendo entrega de un agasallo conmemorativo a José Luis Lorenzo

 En nome da Agrupación Musical de A Guarda, David Álvarez Mariño, presidente desta entidade, fíxolle entrega de un agasallo a José Luis Lorenzo Rodríguez, fundador e director dGrupo de Acordeons Mascarenhas.

 Rematada a primeira parte do concerto, chegaría o intre de dispór o espazo necesario para acoller os compoñentes da Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda.

 Unha vez ubicados todos e cada un dos músicos veteranos, tería lugar á benvida os novos compoñentes: 

 Mario Vicente Baz (percusión), Mauro Gómez Baldonedo (trompa), Carla Portela Pérez (saxo alto), Gabriela Pereira Martínez (clarinete), Mimí Verde González (clarinete), Sara Flores Martín (clarinete), Vania Fernández González (clarinete) e Marcos González Rodríguez (trombón). 

 Todos eles recibiron a insignia da Agrupación Musical de A Guarda, e os aplausos de compañeiros da banda de música e do público. 

 Compre salientar que esas novas incorporacións - o igoal que outras precedentes - acreditan a vitalidade do proxecto que ven desenvolvendo desde súa fundación, a Agrupación Musical de A Guarda.

 E deseguido chegaría o intre de receber o director Víctor Luis Alonso Treinta, á persoa que desde os primeiros intres dirixe coa súa batuta, co xesto, coa ollada,..., - como salientou o presentador do concerto - a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda.

Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda

 O programa da Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda foi o seguinte:

· Enrique López (pasosoble), de Antón Alcalde.
· El lago dos cisnes  (1.- Escea; 2.- Danza dos cisnes; 3.- Danza húngara), de  Piotr Ilich Tchaikovsky.
· Portraits of Spain, de Teodoro A. Barberán.
· African Symphony, de McCoy/N. Iwai.

 A continuación Víctor Luis Alonso Treinta dirixiuse a audiencia para desexar a todos boas festas de Nadal e que 2018 traia boas novas para á Música e para todolos veciños.

 Fora de programa, a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda interpretou El Bimbó, de Georgie Dann.

 Compre salientar que o público soubo premiar cos seus aplausos todas e cada unha das obras interpretadas, rubricada con unha grande ovación final, con todo o respectable posto en pé.

 Antes de pechar o concerto, a Xunta Directiva da Agrupación Musical de A Guarda agasallou o presentador, con unha bomboneira de Sargadelos, en agradecemento a súa desinteresada colaboura.

 O concerto rematou o fío das 22:20 h., aproximadamente, deixando en todos un gratísimo sabor de boca e unha formidable impresión do magnífico nivel musical do Grupo de Acordeons Mascarenhas e dBanda de Música da Agrupación Musical de A Guarda.

 E unha vez máis, quedou de manifesto a necesidade de un auditorio municipal que A Guarda ven acreditando desde fai moitos anos. Non foron poucas ás persoas que o dixeron antes de comezar á segunda parte do concerto, e logo á saída do mesmo, xa no adro da igrexa. 

 A ver se dunha vez por todas á Xunta de Galicia asume que o pobo de A Guarda está orfo de infraestructuras culturais e pón remedio á esa situación.

 GALERÍA DE IMAXES DE POZAS LALO FOTOGRAFÍAS

Ningún comentario:

Publicar un comentario