23 de nov. de 2017

CULTURA

14 escolas de música acadan financiación para profesorado e actividades docentes 

A liña de axudas, convocada polo departamento provincial de Cultura e Lingua, está dotada cun orzamento de 80.000 euros



Infogauda / Pontevedra

 A Xunta do Goberno provincial aprobará este venres a resolución da liña de axudas a escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro, e a través da cal se aproban as solicitudes de 14 escolas destas características. Hai que lembrar que esta liña foi convocada polo departamento de Cultura e Lingua co obxecto subvencionar o funcionamento e profesorado, no desenvolvemento das súas actividades docentes, das escolas de musica dependentes de entidades sen ánimo de lucro que tiveran entre os seus obxectivos a formación musical.  

 No concello de Pontevedra aprobouse a solicitude da escola Músico Cultural San Martiño de Salcedo cun importe de 5.000 euros. Na comarca do Deza foi aprobada a solicitude da escola da Banda de Lalín con 3.068 euros. Na comarca de Vigo foron aprobadas 7 solicitudes: a escola da Agrupación Musical de Vincios, en Gondomar, con 7.440; a da Asociación do Centro Recreativo e Cultural de Torroso, en Mos, con 8.432 euros; a de Amigos da Música de Salceda de Caselas con 6.448 euros; a da Sociedade Deportiva e Cultural Atlántida de Matamá, en Vigo, con 5.257 euros; a da Unión Musical de Valadares de Vigo con 6.150 euros; a da Asociación da Banda Escola de Música de Beade, en Vigo, con 6.944; e a da Unión Musical de Coruxo, tamén en Vigo, con 3.968 euros. En O Condado aprobáronse as solicitudes da escola da Banda Xuvenil de Xinzo con 3.769 e a da Banda de Música La Unión de Guláns con 4.761 euros, ambas do concello de Ponteareas, e a da escola da Banda de Música de Rubiós, en As Neves, con 5.952 euros. No Baixo Miño aprobouse a solicitude da escola da Agrupación Musical de O Rosal con 7.638 euros, e no Salnés a da Asociación Pro-Escola de Música Concello de Vilanova de Arousa con 4.265 euros.  

 Hai que lembrar que para esta liña de subvencións a partida orzamentaria era de 80.000 euros e que a súa concesión se realizou en réxime de concorrencia competitiva. Para a adxudicación tivéronse en conta catro criterios: o número de alumnas e alumnos matriculados no curso 2016-2017; o número de docentes; o orzamento da escola de música; e o grao de desenvolvemento artístico na zona.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario