23 de nov. de 2017

A GUARDA

A Biblioteca acolle este sábado unha nova sesión de «Contos contados» dedicada á Ciencia  

«Contos contados» é unha actividade de animación á lectura dirixida ao público infantil



Infogauda / A Guarda

 A Biblioteca Pública Municipal da Guarda organiza este sábado una nova sesión de «Contos contados», unha actividade de lectura e manualidades orientadas ao público infantil que, nesta ocasión, estarádedicada á Ciencia.  

 Os cativos poderán coñecer historias divertidas de profesionais da ciencia e sobre os seus inventos. A continuación, celebrarase un obradoiro de experimentos científicos, eos participantes poderán levar unha divertida experiencia para levar á práctica na súa casa.  

 «Contos contados» é unha actividade de animación á lectura dirixida ao público infantil que propón un acercamento aos libros de forma creativa e lúdica, favorecendo a participación das familias. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario