Ignacia Cadilla, «a avoa da Guarda», cumpre 108 anos 
Con boa saúde e rodeada da súa familia 
Ignacia Cadilla - no centro da imaxe - recibiu con sorpresa aos representantes municipais 
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
 O  alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba Baz, e as concelleiras María Teresa Vicente Baz e Elena Baz Rodríguez, visitaron onte á «avoa da Guarda», Ignacia Cadilla, no día do seu 108 aniversario.  
O rexedor e as concelleiras loaron a súa boa forma e humor, e desexaron poder volver visitala para darlle os parabéns nos próximos anos
 Ignacia recibiu con sorpresa aos representantes municipais e agradeceu en repetidas ocasións a súa visita. «Que Deus vos de saúde, a min xa ma deu», desexou a anciá, á que agasallaron cun ramo de flores, unha tarta e unha placa conmemorativa que da conta do 108 aniversario da que xa é a persoa máis lonxeva do municipio guardés.   
 Segundo explicaron as súas fillas Charo e Marina, Ignacia goza de boa saúde e mesmo xoga as cartas. «Eu levo a conta cos dedos, pero ela leva todo de cabeza» relata a súa sobriña Concepción, compañeira de partidas.   
 Aínda que xa non pode saír á rúa, Ignacia acostuma a aproximarse á ventá que dá ao camiño de Hernán Cortés para ver pasar aos veciños e veciñas; «como unha lagarta», engade Ignacia con sorna.   
 O rexedor e as concelleiras loaron a súa boa forma e humor, e desexaron poder volver visitala para darlle os parabéns nos próximos anos. 
 
 
 
.jpg) 
 
.jpeg) 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario