28 de nov. de 2017

A GUARDA

Acto do BNG na Guarda “bases democráticas para unha nova Galiza”

xoves día 30 de novembro as 20:30 horas na Casa dos Alonso  


Infogauda / A Guarda

 O BNG  organiza na Guarda, este xoves día 30 de novembro as 20:30 horas na Casa dos Alonso, un acto público aberto de presentación e debate das “bases democráticas para unha nova Galiza” que contará coas intervencións de: Ángel Luis Baz, portavoz municipal do BNG na Guarda, e do deputado no parlamento galego, Luis Bará. Coas bases recollidas neste documento, queremos propor á sociedade galega un novo horizonte para o pais. 

 “Temos que avanzar - afirman desde o BNG - cara un novo deseño político e institucional que nos garanta a capacidade real para poñer en marcha unha Galiza prospera e xusta, capaz de crear riqueza e emprego, que garanta os servizos públicos e os dereitos sociais. Diante dos cambios que se están dando na configuración do estado español, Galiza non pode quedar marxinada e no furgón de cola”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario