6 de out. de 2017

TRIBUNA ABERTA

APOIO AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DAS ENTIDADES FINANCEIRAS CATALÁS 



 Dende o sector de Banca da CIG queremos deixar claro o noso apoio a todos e todas os compañeiros e compañeiras que traballan nas distintas entidades financeiras catalás, nalgún caso froito da absorción dunha entidade galega, despois da reestruturación do sistema financeiro impulsada polos Gobernos de Madrid co obxectivo de privatizar e centralizar a banca. 

 Hoxe estes traballadores e traballadoras sofren unha guerra sucia económica impulsada polos sectores encadrados nas máis rancias posicións centralistas postfranquistas. Unha campaña que ten coma obxectivo desestabilizar as entidades catalás co fin claramente político de amedrentar o pobo catalán e dar pasos na escalada belicista e de confrontación. 

 Unha actuación irresponsable e sen deterse ante nada, que pon en risco a estabilidade do sistema financeiro, despois dos inxentes recursos públicos despilfarrados na seu rescate e privatización. Nese senso hai que sinalar a actuación irresponsable da prensa española ao servizo do réxime que contribuíu a espallar conscientemente o medo entre a clientela.  

 Por último queremos rexeitar tamén a conduta reprobable que demostra a pouca ética persoal e laboral daquelas persoas que dentro do sector deron instrucións para atacar a esas entidades utilizando como argumento esa campaña irresponsable.  

Galiza, 5 de outubro do 2017

Ningún comentario:

Publicar un comentario