27 de out. de 2017

SOCIEDADE

CEA ANUAL DE VETERANOS ARTILLEIROS DE CABO SILLEIRO E MONTEFERRO

Foto: Noelia Rial Cardoso

Infogauda / Gondomar

  Un grupo de veteranos artilleiros, que fai máis de catro décadas estiveron nas baterías de Cabo Silleiro e de Monteferro, veñén de reunirse no restaurante Expo 2000, de Gondomar, que rexenta Eulogio Rial Carro.

 E nesa localidade miñorana compartiron mesa e mantel, Ardao, Navós, Castelló, Cortiñas, Pérez, Vila, Abalde, Jiménez, Leal, Lomba, Riveiro, Haro, Mariño, Moa, Moisés, Pancho, Piñeiro, Quintela, Quintas, Refoxos e Vicente. Todos eles, respectables homes do Val do Fragoso, Val Miñor e O Baixo Miño.

 Da intendencia ocupáronse María del Carmen Cardoso González, Silvia Iglesias Domínguez e María Luisa Álvarez, sabias entre as sabias, de fogóns e de viandas.

 E como camareiros Noelia Rial Cardoso  e José Luis Mouriño Caridade.

 O encontro, ademais do pracer de gozar dunha cea cos amigos dos tempos da "mili", serviu tamén para renovar afectos e evocar vivencias. En definitiva, para vivir, sequera unha vez ao ano, unhas horas en boa compañía de quen soubo - e saben - estar, ao pé do canón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario