O pleno da muller e ciencia acorda conceder o premio Wonenburguer 2017 á astrofísica viguesa Begoña Vila Costas
Na designación tívose en conta a traxectoria da galega residente en Washington, referente internacional na astrofísica e especialista no telescopio espacial James Webb
O ano pasado foi condecorada pola NASA coa medalla “Exceptional Public Achievement” polos seus anos de liderado e logros excepcionais
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe o Pleno da Unidade da Muller e Ciencia
Infogauda / Santiago de Compostela
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe o Pleno da Unidade da Muller e Ciencia, onde se acordou conceder o premio Wonenburguer 2017 á astrofísica viguesa Begoña Vila Costas.
Begoña Vila Costa é astrofísica especializada no estudio de galaxias espirais. Na actualidade reside en Estados Unidos, onde recentemente foi premiada pola NASA coa medalla que concede ás persoas que contribúen de xeito relevante á misión da axencia espacial. De feito, é unha das principais responsables do telescopio espacial James Webb, que vai substituír ao mítico telescopio Hubble, liderando un equipo composto por máis de 1.000 persoas e que conta cun orzamento de 9.500 millóns de euros.
Ademais de deseñar e desenvolver o “Fine Guidance Sensor (FGS)”, un instrumento engadido ao telescopio espacial James Webb, que funcionan como un sensor ultra-sensible que permitirá, entre outras cosas, analizar exoplanetas e a súa composición, ou coñecer cómo se formaron as primerias galaxias e estrelas tras o Big Bang. Estudou física na Universidade de Santiago de Compostela e no Instituto de Astrofísica de Canarias, doctorandose posteriormente en astrofísica no Centro Jodrell Bank para Astrofísicos da Universidade de Marchester, e comenzando a súa traxectoria profesional no Reino Unido e Canadá, estando na actualidade traballando en Washigton.
No ano 2016 foi condecorada pola NASA coa medalla “Exceptional Public Achievement” polos seus anos de liderado e logros excepcional, así como o deseñeo e desenvolvemento do “Fine Guidance Sensor (FGS)”, un instrumento engadido ao telescopio espacial James Webb, que funcionan como un sensor ultra-sensible que perrmitirá, entre outras cosas, analizar exoplanetas e a súa composición, ou coñecer cómo se formaron as primerias galaxias e estrelas tras o Big Bang.
Nas anteriores edicións foron sucesivamente distinguidas co premio Wonenburger Inmaculada Paz Andrade, Teresa Miras Portugal, María Soledad Soengas, Carmen Navarro e Ofelia Rey, Tarsy Carballas, María José Alonso, Carmen García Mateo, Isabel Aguirre de Úrcola e Peregrina Quintela.
A Unidade de Muller e Ciencia creouse fai dez anos co obxectivo de incrementar a presenza da muller nos ámbitos científico e tecnolóxico de Galicia e de situar nun primeiro plano a perspectiva de xénero na actividade científica. Entre outras iniciativas, instaurou o premio María Josefa Wonenburger para resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, baixo un nome que pretende ser unha homenaxe á figura da matemática coruñesa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario