O Concello de Oia organiza levará a cabo a actividade:
INTERVENCIÓN SOCIOEDUCATIVA EN IGUALDADE DE XÉNERO E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO 2017
Raquel Pérez Fernández
AEDL Concello de Oia
Este proxecto, destinado ó alumnado dos colexios CEIP Mestre Manuel García e Ceip Refoxos, levarase a cabo nos meses de outubro e novembro nos propios colexios. O tema central a tratar será a Diversidade. Tratarase de facer conscientes ás nenas e nenos da importancia da diversidade e de cómo na súa comprensión e aceptación se sentan as bases para alcanzar a Igualdade. Recorreranse diferentes temas a través das actividades propostas como son a diversidade das persoas, a diversidade nas expresións de xénero e a diversidade nas familias.
Este proxecto está financiado a través da Deputación Provincial de Pontevedra, no marco das subvencións para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2017
Ningún comentario:
Publicar un comentario