HOCKEY LIÑA
LUGO ACOLLE Á SEGUNDA SEDE DA LIGA GALEGA DE HOCKEY LIÑA
O equipo guardés A Guarda Hockey Liña tentará acadar o pleno de victorias nos dous partidos que xogarán, correspondentes ás xornadas 3 e 4
A Guarda Hockey Liña
Foto: A.H.L.
Informa: Miguel Fernández Lomba
O vindeiro domingo día 5 de novembro no pavillón municipal Daniel Cordido, de Lugo, disputarase a segunda Sede da competición autonómica de Hockey Liña na que o equipo guardés A Guarda Hockey Liña tentará acadar o pleno de victorias nos dous partidos que xogarán, correspondentes ás xornadas 3 e 4.
Os partidos desta segunda Sede enfrontarán ós guardeses cos Morcegos de Ourense e co equipo olívico Vigo Blue Ringed, con seis puntos moi importantes en xogo para os da Guarda despois de acadar somentes tres puntos na sede inaugural da tempada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario