O ESCRITOR RAMÓN CARIDE DEU A COÑECER SEU LIBRO “TERRA QUEIMADA”
O evento tivo lugar na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos e foi presentado polo poeta Francisco Álvarez - Koki
O escritor Ramón Caride Ogando - a esquerda da imaxe - xunto o poeta Francisco Álvarez - Koki
Fotos: Loli Estévez Álvarez
Francisco Alvarez Koki / Camposancos
O pasado sábado dia 14 de outubro, fíxose a presentación do libro “Terra Queimada”, do escritor Ramón Caride. A presentación tivo un espazo tremendamente fermoso, na Casa de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos.
Así estaba o pasado sábado, o salón de actos da Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos
Presentou o escritor, o poeta de A Guarda Francisco Alvarez Koki, quen despois de facer unha introdución o autor de “Terra Queimada”, iniciou unha serie de preguntas, para que Ramón Caride, falase da sua última novela.
O final o público asistente conversou e preguntou o escritor, quen tamén firmou exemplares do libro.
Noraboa a Casa de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, quen con moita ilusión fai un calendario de actividades que xa quixeran algúns concellos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario