CINEMA
O ciclo «Cinema volta ao cole» comeza este sábado coa proxección do filme «Buscando a Dory»
O acceso é libre e gratuíto
Infogauda / A Guarda
O ciclo de películas «Cinema volta ao cole» regresa este outono con dúas novas achegas orientadas ao público infantil.
Este sábado 14 de outubro será a primeira sesión, coa proxección do filme «Buscando a Dory» ás 17:30 horas no Centro Cultural. O ciclo continuará o 11 de novembro, coa proxección da película «Trolls» á mesma hora e tamén no Centro Cultural.
«Cinema volta ao cole» é unha iniciativa da Concellería de Cultura que busca ofrecer espazos para gozar da cultura en familia e dun xeito ameno na nosa vila. O acceso é libre e gratuíto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario