30 de out. de 2017

A GUARDA

Avelaíña recibe unha axuda do  Concello de Tomiño 

Para  mellorar a vida das persoas con enfermidade mental a través do deporte 

Natalia Guisande / A Guarda

 A Asociación Avelaíña recibe unha subvención por parte do Concello de Tomiño a través da convocatoria anual de subvencións a entidades sen fin de lucro, para o desenvolvemento do proxecto “fisicamente activo, mentalmente saudable.

 As persoas con enfermidade  mental teñen un risco maior de obesidade debido á súa enfermidade, os hábitos sedentarios e os efectos secundarios da medicación, polo que se fai necesario o desenvolvemento de programas de vida saudable. Neste programa inclúense contidos especializados sobre  o estilo de vida saudable, unha alimentación sa, así como diferentes tipos de adestramento como a piscina, o ximnasio, rutas en bicicleta e andainas, entre outros.

 A contía concedida é  de 2.117,00 €  que axudará a persoas con enfermidade mental a entender o exercicio como parte dun estilo de vida saudable, valorando e gozando do deporte e  da actividade física.

Ningún comentario:

Publicar un comentario