CRUZ VERMELLA ORGANIZA UN TALLER DE GALLETAS
• A actividade está dirixida a maiores de 65 anos
• Realizaranse na pastelería Rogelio, na Guarda.
Neli Rodríguez / A Guarda
O xoves día 16 de novembro de 11:00 a 13:00 h., realizaremos un novo taller de elaboración de galletas, dirixido a persoas maiores de 65 anos.
Con esta actividade traballaremos a psicomotricidade fina das persoas asistentes, ademais de crear un novo espazo de lecer no que crear novas redes de apoio social e coñecer novas receitas de mans de pasteleiro recoñecidos da Guarda.
O taller desenvolverase no obradoiro da pastelería Rogelio da Guarda.
Estas actividades son gratuítas e están enmarcadas dentro da área de maiores do programa Enrédate, financiadas polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e cumpren coa finalidade de lograr unha maior autonomía nas persoas maiores favorecendo un envellecemento activo.
Para máis información ou inscribirse en próximos talleres:
Oficina de Cruz Vermella Baixo Miño
Rúa Agustín Nandín Lomba, nº 1 Baixo
(á beira da igrexa parroquial da Guarda)
De luns a xoves:
Horario de 8:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.
Venres de 8:00 a 15:00
Teléfonos 986 61 46 09/ 606 348 471
Ningún comentario:
Publicar un comentario