AS FESTAS DA GUÍA CONTINÚAN NESTA SEMANA
Este luns día 4 de setembro, ás 23:55 h., no porto de A Guarda, tirada de fogos de lucería e cubos
O espectáculo pirotécnico terá lugar este luns día 4 de setembro, ás 23:55 h., no porto de A Guarda
Fotos: María Rodríguez Martínez
Fotos: María Rodríguez Martínez
Infogauda / A Guarda
Logo dunha intensa fin de semana con actuacions musicais, poxas e outras actividades, continúan as festas na honra da Virxe da Guía, en Ribadavila (A Guarda).
Este luns día 4 de setembro, ás 23:55 h., no porto de A Guarda, tirada de fogos de lucería e cubos.
O xoves día 7 de setembro, ás 21:00 h., Festa do Comercio. Actuará o Grupo Abóbriga que ofrecerá un concerto.
Esa mesma noite haberá exhibicions deportivas en palco, á cárrego de Dani Comesaña.
Tamén actuará Aretha Franklin Tribute Band.
O venres día 8 de setembro (festividade da Virxe da Guía), ás 11:30 h., na Praza da Guía, misa solemne cantada polo Coro Parroquial dirixido por Felicidad Martínez Vicente. O remate da eucaristía, procesión polo itinerario de costume, coa participación do Grupo de gaitas A Boalleira, de A Gándara, e o Grupo de Gaitas do Club da Terceira Idade, de A Guarda.
O sábado día 9 de setembro, ás 9:00 h., misa por maiordomos e finados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario