4 de set. de 2017

A GUARDA

Parabéns ao Atlético Guardés, digno rival do Rocasa na Supercopa de España  

Máis de 3.100 persoas acudiron ó pavillón das Travesas para ser testemuñas deste histórico partido, o primeiro do Mecalia Atlético Guardés nunha Supercopa de España
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do concello guardés ven de facer pública á seguinte de nota de prensa:

 Dende o Concello da Guarda desexamos dar os nosos máis sinceros parabéns ás xogadoras e ó equipo técnico do Mecalia Atlético Guardés, que ofreceron un espectáculo marcado pola deportividade no seu encontro co Rocasa Gran Canaria o pasado sábado.   

O alcalde de A Guarda e o concelleiro de deportes, compartiron palco coa presidenta da Deputación de Pontevedra, co alcalde de Vigo e o concelleiro de Deportes da cidade olívica, entre outras representacions.

Así estaban as bancadas da pista central do pavillón das Travesas

 Máis de 3.100 persoas acudiron ó pavillón das Travesas para ser testemuñas deste histórico partido, o primeiro do Guardés nunha Supercopa de España, no que as campioas de Liga competiron en todo momento e mantiveron o apoio e ánimos dos máis de 800 afeccionados que se desprazaron dende a Sangriña, a pesar da axustada derrota final (26-28). 

Naiara Egozkue transformando unha falta contra o conxunto canario

 O Mecalia Atlético Guardés é, con todo, un orgullo para A Guarda. É por isto que dende o Concello queremos amosar o noso apoio ao equipo, que contribúe co seu bo facer a dar visibilidade ao deporte feminino e á boa imaxe do deporte galego e guardés. Igualmente, merecen o noso recoñecemento as xogadoras do Rocasa, merecidas gañadoras da Supercopa.   

 Desexamos dedicar un agradecemento especial, tamén, ao Concello de Vigo, á Deputación de Pontevedra e á Xunta de Galicia, que atenderon as peticións do noso Concello e gracias aos cales foi posible que esta  Supercopa de España de balonmán feminino se celebrara en Galicia.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario