27 de set. de 2017

MÚSICA

PROGRAMA INICIATIVA XOVE - MÚSICA NA NATUREZA (ASTURIAS)

· Este fin de semana, concretamente os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro desprazaranse ata Mestas de Con (Asturias) un grupo de preto de 55 mozos/as con idades comprendidas entre os 12 e 30 anos

· A gran maioría compoñentes da banda de música da Agrupación Musical do Rosal 


Informa: Agrupación Musical do Rosal

 No pasado mes de maio o grupo informal "@s da fin do Miño" formado por cinco mozos/as dos Concellos do Rosal, A Guarda e Tomiño, decidiron presentar, o abeiro das axudas enmarcadas dentro do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Política Social, un proxecto que se desenvolvería no límite do Parque Nacional dos Picos de Europa, que denominaron "Música na Natureza".   

 Unha vez recibida a notificación da concesión da subvención comezaron as xestións organizativas. Este fin de semana, concretamente os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro desprazaranse ata Mestas de Con (Asturias) un grupo de preto de 55 mozos/as con idades comprendidas entre os 12 e 30 anos, a gran maioría compoñentes da banda de música da Agrupación Musical do Rosal para realizar diversas actividades.  

 Durante a súa estancia combinarán actividades na natureza como andainas e paseos para coñecer o espazo natural, actividades no bosque nun parque de aventura, visitas a monumentos e outros centros de interese, así como actividades musicais consistentes en ensaios e na realización dun concerto que será ofrecido a toda a poboación de Pola de Laviana de xeito totalmente gratuíto. O concerto terá lugar o sábado 30 de setembro ás 19:30 h. no Kiosko da Alameda de Pola de Laviana.  

 Esta actividade permitiralles compaxinar a súa afección pola música co coñecemento dunha realidade moi diferente da que lles é cotiá. Este proxecto deberá contribuír a reforzar a súa formación integral como persoas, e tamén a unha sensibilización coa natureza fomentando a conservación do ambiente e do patrimonio cultural e natural, que sin duda redundará nunha meirande capacidade na maduración como músicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario