26 de set. de 2017

DEPORTES

15K do Atlántico 

Mércores 27 de setembro péchase o prazo de inscrición na carreira e a andaina entre Oia e A Guarda  



Infogauda / Redacción

 A quinta edición da proba 15K do Atlántico pechará o seu período de inscrición este mércores, con máis de 700 persoas anotadas ata o de agora. O evento deportivo celebrarase o domingo día 1 de outubro, cun percorrido de 15 km. paralelo á costa sur da provincia pontevedresa, entre as localidades de Oia e A Guarda, pasando polo Rosal.
    
 A proba tamén contará cunha andaina popular na que os participantes poderán facer un percorrido de 12 km. 

 A saída da carreira será ás 11:00 horas dende o campo de fútbol de Oia, namentres a andaina partirá ás 10:00 horas, con chegada ao porto da Guarda.  

 O período de inscricións permanecerá aberto ata as 23:59 horas do mércores día 27 de setembro e poderá realizarse a través da páxina web www.championchipnorte.com ou de forma presencial nos centros Do-Majó (A Guarda) e Excálibur (O Rosal). O prezo é de 4 euros por persoa para a realización da andaina e de 14 euros por persoa para sumarse á carreira.  

 Para facilitar a chegada e a volta ao punto de partida antes e despois da proba, a organización porá a disposición dos participantes autobuses entre Oia e A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario