8 de set. de 2017

A GUARDA

O PP e Portos de Galicia esquivan - segundo os nacionalistas - as demandas do BNG para o novo acceso ao porto da Guarda  

Ángel Luis Baz Vicente (portavoz municipal do BNG na Guarda): “É inaudito que o acceso sur non estivese na axenda da reunión entre o Alcalde da Guarda e o Director de Portos de Galiza”  


Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no concello guardés
Foto: BNG

Infogauda / A Guarda

 O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO considera unha oportunidade perdida a reunión que mantiveron o alcalde da Guarda do PSOE e o Director de Portos de Galiza do PP hai uns días na Guarda. O BNG lembra que xa van catro visitas no que vai de ano e ningunha mención seria sobre o novo acceso ao porto da Guarda, así o ven de afirmar Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no concello guardés.  

 Para o BNG queda claro - engade seu portavoz municipal - que tanto para o PP como para o PSOE non é prioritario o novo acceso ao porto guardés, dado que non transcendeu absolutamente nada nos medios sobre esta infraestrutura fundamental para o futuro desenvolvemento do concello da Guarda. Un acceso digno, acondicionado para desenvolver o porto como motor económico da Guarda.  

EXISTE UN ACORDO PLENARIO PARA A POSTA EN MARCHA DE UN PROXECTO DE ACCESO O PORTO DA GUARDA

 O BNG quere lembrar que existe un acordo plenario, trala moción presentada polos nacionalistas, para a posta en marcha dun proxecto para a realización dun acceso ao porto da Guarda distinto ao que temos actualmente, dado que a rúa Concepción Arenal perdeu tal condición de acceso portuario para ser unha das rúas máis transitadas do concello.  

 “O PP e o PSOE xogaron co acceso ao porto durante décadas e seguen a xogar. Non entendemos porque outros portos melloraron os seus accesos e o da Guarda non. A caso non ten dereito o noso sector pesqueiro a estas melloras para poder seguir traballando?”, denuncia Ángel Luis Baz.  

DÉBEDA HISTÓRICA COA GUARDA

 Segundo pudo afirmou Infogauda o portavoz nacionalista “a proposta do BNG desvincula o aceso sur do PXOU tendo a Xunta as competencias para a súa construción. Agora é o momento de que o PP salde a débeda histórica que ten coa Guarda e poña os cartos para realizar esta obra.  

 O BNG seguirá reclamando tanto ao Concello da Guarda como ao goberno da Xunta un compromiso firme para a realización do novo aceso ao porto da Guarda, como infraestrutura fundamental para o desenvolvemento do futuro do concello, conclúe Ángel Luis Baz Vicente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario