26 de set. de 2017

A GUARDA

A GUARDA CELEBRA O DÍA MUNDIAL DO TURISMO 

Coa apertura  da súa Rede de Museos 

Ademais, o transbordador que une A Guarda e Caminha será gratuíto durante toda a xornada

Vista parcial do interior do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT)
Fotos: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Este mércores, 27 de setembro, celébrase o Día Mundial do Turismo coa temática establecida pola Organización Mundial do Turismo (OMT) “Turismo sustentable: un instrumento de desenvolvemento”, cuxa finalidade pasa por concienciar e potenciar o respecto polo rico patrimonio dos diferentes pobos que conforman o mundo. 

Vista parcial do interior do Centro de Interpretación da Fortaleza de Santa Cruz

 O Concello da Guarda únese á iniciativa e amosará o seu patrimonio coa apertura dos tres recintos visitables que conforman a Rede de Museos da nosa vila: 

- O Museo Arqueolóxico Monte Santa Trega (MASAT): permanecerá aberto de 10:00 a 20:00 horas. 

- O Centro de Interpretación da Fortaleza de Santa Cruz: poderá visitarse entre as  11.00 e as 14.00 horas. 

- O Museo do Mar: estará aberto de 11:00 a 14:00 horas. 

 Ademais, o transbordador que une A Guarda e Caminha será gratuíto durante toda a xornada. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario