4 de ago. de 2017

TURISMO

AS VOSAS IMAXES

GERNIKA (BIZKAIA)

Mural cerámico situado en Guernika que reproduce o famoso cuadro pintado por Pablo Ruiz Picasso. No texto inferior di: O "Guernica" a Gernika
Casa de Juntas de Gernika
Fotos: Santi Baz

Infogauda / Redacción

 O pasado día 26 de abril deste 2017 cumplíronse 80 anos do bombardeo da poboación de Gernika. Foi a chamada Operación  Rügen, que no decurso da Guerra Civil Española desenvolveron a Legión Cóndor alemana e a Aviación Legionaria italiana, que combateron a favor do bando sublevado contra o goberno da IIª República Española.

 A intención era destruir Gernika. O historiador alemán Klaus A. Maier dixo: "(...) A Lexión Cóndor [tivo] nunha alta medida a responsabilidade da destrución de Guernica. A intención dos alemáns, á que se sumaba unha forte razón de prestixio nacional e persoal (Richthofen), de proporcionar aos sublevados un triunfo rápido, tras o fracaso de Guadalaxara para os italianos, levou a unha acción que no norte caracterizouse por non gardar os alemáns consideración de ningún tipo. (...)".

 Desde aquela o bombardeo de Gernika pasou a ser un símbolo internacional dos horrores da guerra. Os feitos acontecidos inspiraron a Pablo Ruiz Picasso que pintou o famoso cadro que leva por título "Guernica", que sería exposto no pavillón español da Exposición Internacional de París, de 1937. E o escritor Blas de Otero que escribiu o poema "Guernica"a escritora chilena e Premio Nobel de Literatura Gabriela Mistral, que escribiu un poema titulado Árbol de Guernica.

 Hoxendía Gernika, non soio logrou rexurdir das ruinas da guerra, senón que ademais é unha poboación que merece ser visitada. É un dos lugares ineludibles é o Museo da Paz de Gernika así como a Memoria de pedra e aceiro. Os monumentos as víctimas da Guerra Civil e do franquismo en Euskadi, a Casa de Juntas e á Árbore de Gernika, e sobor de todo á gastronomía, súas tradicions, súas xentes,...

Ningún comentario:

Publicar un comentario